Ir o contido principal

Igualdade de xénero

O compromiso social da USC co principio de igualdade de xénero levouna a ser unha das pioneiras na creación da Oficina de Igualdade de Xénero (OIX) en 2006. A Oficina de Igualdade de Xénero é a unidade encargada de dinamizar as políticas de igualdade a través da coordinación da execución e da avaliación do Plan Estratéxico de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes da USC.

  • Políticas da USC

    • Implicar á comunidade universitaria coa transversalidade de xénero. 

    • Conmemorar as datas consagradas na axenda feminista. 

    • Promover o uso dunha linguaxe non sexista.


  • Formación e sensibilización. Desenvolver campañas de sensibilización e programas formativos en materia de igualdade, feminismo e de prevención das distintas formas de violencia de xénero.


  • Docencia e investigación. Dinamizar a incorporación da perspectiva de xénero na docencia e na investigación. 


  • Presenza, promoción e representación. Promover a presenza e participación equilibrada nas titulacións e órganos de goberno
.

  • Conciliación e corresponsabilidade. Fomentar a corresponsabilidade e facer valer o dereito á conciliación.


  • Acoso e actitudes sexistas. Seguimento da aplicación do Protocolo de prevención e actuación fronte ao acoso sexual e o acoso por razón de sexo, orientación sexual e identidade de xénero da USC.



Contacto

Oficina de Igualdade de Xénero

Enderezo
Vicerreitoría de Comunicación, Cultura e Servizos Rúa Nova 6 15782 Santiago de Compostela
Teléfonos
881 811 310
881 811 309
Os contidos desta páxina actualizáronse o 06.12.2019.