Ir o contido principal

Artigo

Resultados

Veterinaria, unha formación entre as aulas e o tecido produtivo

O alumnado da Facultade de Veterinaria do Campus Terra da USC complementa a súa formación académica coa posta en práctica dos seus coñecementos en preto de corenta empresas e establecementos alleos á USC que teñen asinados acordos co centro universitario lugués para a realización deste tipo de actividades formativas

A USC súmase a EUniWell, a Universidade Europea do Benestar

“Queremos facer unha contribución tanxible ao desenvolvemento de EUniWell como unha universidade europea verdadeiramente integrada e de pleno dereito que teña un impacto social significativo dentro da UE”, afirmou o reitor Antonio López

O reitor salienta a USC como “panca esencial para a formación e o desenvolvemento de Galicia” na festividade de San Tomé

Antonio López pon en valor a “realidade universitaria construída entre todos en Lugo durante o último medio século”, ao tempo que sitúa o Campus Terra como oportunidade para incrementar o alumnado, potenciar e afianzar as estruturas de investigación, ademais de para avanzar no relevo xeracional do profesorado e no deseño de títulos aliñados cos novos intereses e oportunidades de emprego

Dúas investigacións da USC, distinguidas pola Real Academia de Farmacia na apertura do curso 2023

Lorena García del Río realizou un estudo sobre vacinas a través da mucosa sublingual, mentres que Ana Iglesias Mejuto centrouse no desenvolvemento de implantes óseos estériles mediante a combinación da impresión 3D e a tecnoloxía de fluídos supercríticos. Sandra Caiña López recibiu o premio ao mellor expediente académico do grao en Farmacia da promoción que finalizou os estudos no ano 2022

Os contidos desta páxina actualizáronse o 24.10.2019.