Ir o contido principal

Artigo

Resultados

‘Hacho’, a singularidade anatómica dun can único no mundo

A falta de apetencia sexual e problemas de comportamento permiten a investigadores da Facultade de Veterinaria do Campus Terra da USC identificar e describir o primeiro cánido sin órgano vomeronasal, segundo recolle ‘VetRecord’ nun artigo da investigadora no Hospital Rof Codina Susana Muñiz de Miguel, no que tamén colaboran os docentes e investigadores da USC José Daniel Barreiro Vázquez, Pablo Sánchez Quinteiro, Irene Ortiz Leal e Ángela González Martínez

Planta, solo e atmosfera, elementos clave dunha estratexia de rega sustentable

Investigadores da EPS de Enxeñaría integrados na unidade CropQuality asociada ao CSIC comparten X Simposio Internacional de Rega en Cultivos Hortícolas, celebrado en Suráfrica , resultados de proxectos científicos aliñados coa I+D+i de vangarda para sortear a futura escaseza de auga cunha óptima subministración de achegas hídricas

A USC programa 50 xornadas de actividades culturais na cidade

O convenio Lugo Cultural, que recibe financiamento da USC, Concello e Deputación de Lugo, mantén en 2023 os ciclos xa consolidados de música, teatro, cine, fotografía, danza e visitas guiadas, ao tempo que renova a súa aposta pola videocreación, os foros de discusión e debate ou as intervencións artísticas na natureza, segundo adiantou este martes no Pazo de Montenegro a vicerreitora Pilar Murias

Os Encontros na USC citan no Campus de Lugo uns 500 estudantes de ensino medio

O programa, a través do que se pretende dar a coñecer as instalacións, servizos a e oferta de títulos da sede universitaria luguesa ao alumnado preuniversitario, terá continuidade o 30 de marzo cunha nova xornada de visitas ás diferentes facultades e escolas do Campus de Lugo na que participarán outros 500 estudantes

Os contidos desta páxina actualizáronse o 24.10.2019.