Físicos e xeógrafos elaboran o primeiro mapa de risco español fronte a pandemias
O equipo de investigadores da USC defende o confinamento de grupos específicos de idade como unha alternativa eficiente fronte aos illamentos totais da poboación
O equipo de investigadores da USC defende o confinamento de grupos específicos de idade como unha alternativa eficiente fronte aos illamentos totais da poboación
Os participantes nesta cita bienal, que rende homenaxe ao autor de ‘Sintaxe latina de Oxford’, o holandés Harm Pinkster, debaten ata o venres en Compostela sobre sintaxe, semántica, pragmática, lexicografía, fonética, morfoloxía e outras cuestións relevantes da lingüística latina
Este premio está dotado con 1.500 euros e outórgase dúas veces ao ano, coincidindo cos períodos de prácticas das convocatorias de febreiro e setembro
O Ranking as 50 titulacións máis demandadas do diario El Mundo 2022, que orienta aos estudantes que deben elexir o centro para cursar os seus estudos superiores, coloca ao Grao en Enxeñaría Química, impartido na Escola Técnica Superior de Enxeñaría da Universidade de Santiago de Compostela, no quinto posto.
Comuneiros da Serra do Xistral, técnicos e investigadores da USC implicados no proxecto LIFE in Common Land visitan enclaves montañosos do País Vasco para coñecer a xestión dos pastos de montaña que se está a desenvolver en zonas limítrofes entre as provincias de Álava e Guipúzcoa ao abeiro do Life Oreka Mendian
A tese de doutoramento de María José Ginzo Villamayor aborda os patróns que se observan na distribución dos apelidos e que son consecuencia das “relacións estreitas e duradeiras no tempo entre os e as poboadoras que habitaban estas áreas”
A catedrática de Historia da Arte da USC salienta a paisaxe cultural da Ribeira Sacra como "exemplo excepcional da relación home-natureza" no discurso de ingreso celebrado na Facultade de Humanidades do Campus de Lugo da USC
A profesora da USC e presidenta do comité científico da Fundación, Rosaura Leis, participou no encontro Pesca Saúde onde profundou nos nutrientes indispensables dentro dunha dieta saudable e equilibrada
O produto sustentable desenvolvido a partir da hidrólise de clara de ovo constitúe unha das alternativas nutricionais presentadas no marco do foro técnico sobre industria alimentaria organizado polo Clusaga na plataforma tecnolóxica do Campus de Lugo
Este proxecto coordinado dende a USC e que emprega como ingrediente activo un extracto de bagazo de uva branca, celebrou esta semana a primeira asemblea xeral e o segundo encontro do seu comité de dirección
Este achado do grupo de Metabolismo Molecular da USC no CiMUS ofrece novas pistas no tratamento da diabetes
O alumnado de 4º de ESO, Bacharelato e ciclos medios de FP interesado en participar no evento, no marco do que se desenvolverán 16 proxectos e 13 obradoiros, pode solicitar algunha das 95 prazas ofertadas ata as 23.59 horas do 29 de maio
A Universidade outorga o seu máximo recoñecemento a estes tres profesores polas súas achegas fundamentais para o avance da ciencia do Dereito Público e Administrativo
Un equipo da USC liderado polo catedrático de Xenética Pualino Martínez avanza no marco do proxecto Aqua-Faang, promovido por un consorcio internacional coordinado polo noruegués Sibjørn Lien na identificación das estruturas e da funcionalidade dos xenomas das seis especies piscícolas máis comercializadas, a fin de mellorar o grao de benestar animal e a rendibilidade das súas producións
O relevo xeracional planificado e a loita contra a precariedade son os eixos sobre os que pivota a Oferta de Emprego Público da USC para o ano 2022, a máis ambiciosa dos últimos anos ao estar dotada de preto de 400 prazas entre PDI, PAS e persoal investigador
O proxecto Abiliti profunda en sistemas de telepresenza manexables dende unha app que os cativos e cativas poderán sentar no seu pupitre, permitíndolles participar en clase e fortalecendo o seu vínculo coa comunidade educativa en períodos de convalecencia