Ir o contido principal

Artigo

Resultados

O Politécnico de Milán distingue ao Profesor Emérito Juan Lema Rodicio

O Ministerio italiano de Universidades e Investigación acaba de otorgar ao catedrático emérito do Departamento de Enxeñaría Química da Universidade de Santiago (USC) Juan M. Lema Rodicio, membro do centro singular Cretus e Presidente da Real Academia Galega de Ciencias a Laurea ad Honorem do Politécnico de Milán, o máximo recoñecemento que concede esta universidade.

Alumnado do IES Muralla Romana de Lugo gaña a IX D3Mobile Metrology World League

Un equipo de Florencia proclámase subcampión na categoría metrólogos 3D e outro da Pobra do Caramiñal vence na categoría artistas 3D dunha iniciativa educativa STEM internacional da USC que poñerá en setembro o colofón a unha edición na que o alumnado do IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz volve ser un dos grandes protagonistas

Á vangarda no descubrimento temperá de fármacos

O reitor Antonio López e o delegado do Goberno en Galicia, José Manuel Miñones, visitan as instalacións da Fundación Kærtor e da Plataforma Innopharma no CiMUS da USC onde se desenvolven proxectos tractores de conexión da investigación, entre eles, I2D2, a primeira incubadora española en descubrimento de fármacos

Os contidos desta páxina actualizáronse o 24.10.2019.