Ir o contido principal

Artigo

Resultados

Bota a andar unha nova convocatoria dos Esenciais USC

Ata o 31 de marzo poderán presentarse propostas para sumarse a esta colección de guías de referencia en galego que resumen unha materia, ou unha parte significativa dela, e que acompañan ao alumnado no proceso de aprendizaxe dos contidos

O XXI Premio Aresa coñecerá gañador o 22 de marzo nunha sesión virtual

EFA Fonteboa, Arnigal Cultivos, Cooperativa A Carqueixa e Estratexia de loita ecolóxica fronte a praga da rata toupa son as catro candidaturas finalista que optan ao galardón convocado pola USC e Aresa e dotado con 10.000 euros en metálico. A cerimonia poderá seguirse a través do Facebook de Aresa

A USC denuncia no 8M a feminización da pobreza por mor da pandemia

“Aínda que esta situación está a ser dura para toda a sociedade, a crise, como é o habitual, está a afectar especialmente ás mulleres”, destaca o Manifesto da Rede de Unidades de Igualdade de Xénero das Universidades Españolas para a Excelencia Universitaria

Eleccións 2021

Convocadas as eleccións de representantes no Claustro Universitario, nas Xuntas de Centro e nos Consellos de Departamento, así como no Comité de Dirección da EDIUS

Elas son USC

As profesoras María José Alonso Fernández, Alicia Estévez Toranzo, Mabel Loza García, Peregrina Quintela Estévez, Ofelia Rey Castelao e María Inmaculada Paz Andrade integran a listaxe de mulleres que recibiron o galardón María Josefa Wonenburger co que o goberno autonómico recoñece as traxectorias de científicas que souberon adiantarse ao seu tempo e que abriron camiños a moitas outras

Os contidos desta páxina actualizáronse o 24.10.2019.