Ir o contido principal

Artigo

Resultados

Veterinaria premia o uso do galego entre o alumnado

Dous traballos académicos presentados por Óscar Iglesias e Bárbara Uceira e os TFG defendidos por María Coego e Laura Limés gañan a terceira edición dos certames ‘Escolle en galego’ e ‘O teu traballo ten premio’, dotados con máis de 500 euros

DivulgaTerra 2020 achega á rúa pescudas activas no Campus de Lugo

Docentes e investigadores presentan este martes e xoves na Casa do Saber, no marco dun foro de divulgación científica en galego, avances das súas pescudas sobre movementos migratorios pre-COVID, pan galego, ácidos graxos no leite, viticultura de precisión, antibióticos, feromonas, dendrocronoloxía, STEM e perspectiva de xénero, ADN, usos terapéuticos do ouro, patrimonio artístico ou científicas na sombra

Educación e formación fronte aos lumes forestais

A USC procura o compromiso e a capacitación de estudantes en temas relacionados cos incendios forestais a través do proxecto Facing Fire, unha iniciativa internacional coordinada polo catedrático Agustín Merino que impulsa enfoques integrais e proxectos innovadores para restaurar ou poñer en valor áreas afectadas polas lapas

Unha viaxe virtual pola ciencia máis singular

A Rede de Centros Singulares de Investigación da USC celebra este sábado 28 a cuarta edición de ‘Ciencia Singular’, a xornada de divulgación científica que permitirá percorrer en liña as instalacións do CiQUS, CiMUS, CiTIUS e IGFAE e coñecer de primeira man a actividade do seu persoal investigador

Loisa Lariño Mora, premio Cátedra Aquae 2020

A estudante do Máster en Enerxías Renovables, Cambio Climático e Desenvolvemento Sostible da USC acaba de ser recoñecida polo seu TFM ‘Deseño dun sistema fotovoltaico de bombeo e tratamento de auga como parte dunha acción de boa vontade’

A USC amplía a súa loita contra a COVID-19

Catro investigacións co apoio económico da Axencia Galega de Innovación que achega preto de medio millón de euros, exploran novos mecanismos de detección temperá do SARS-CoV-2, axentes antivirais e un proxecto de vacina

Os contidos desta páxina actualizáronse o 24.10.2019.