Resultados
Investigadores da Escola Politécnica Superior desenvolven un sistema de rego sostible en parques e xardíns públicos da Coruña
O proxecto, que comezou en novembro de 2013 e no que tamén participa un consorcio con tres empresas e o CETIM, contempla diversas actuacións ata xuño de 2015
A produción científica da USC en Matemáticas mantense como a primeira do sistema universitario español
Segundo os datos da quinta edición do ránking I-UGR, no que tamén destaca o traballo do persoal investigador en Odontoloxía, Xeografía e Urbanismo ou Ciencia Política, entre outros
Remata o prazo para participar no obradoiro de elaboración de traballos de fin de grao do Servizo de Normalización
Celebrarase dende o día 9 ao 17 de xuño na Facultade de Dereito e ten recoñecido un ECTS para todas as titulacións
As mulleres dedican de media unha hora diaria máis que os homes ás tarefas do fogar
O libro Corresponsabilidade familiar e empregos do tempo no ámbito universitario mide o nivel de conciliación entre o profesorado da USC
O catedrático Jorge Mira Pérez, galardoado na vixésima edición dos Premios Lois Peña Novo
O xurado deste premios considera que “ninguén coma el logrou achegar a ciencia á xente non experta sendo un exemplo a seguir dentro da comunidade universitaria”
A USC pecha o venres 6 o terceiro prazo de matrícula nos cursos programados na Universidade de Verán 2014
Obesidade, agroecolexía, trastornos mentais, comunidades de aprendizaxe, reforma local, márketing deportivo e arte na idade media centran a temática dos cursos que se celebrarán do 16 ao 22 de xuño...
Unha tese analiza por primeira vez o fenómeno do crowdfunding na industria cinematográfica
Mónica López defendeu o seu estudo na Facultade de Ciencias da Comunicación, acadando a cualificación de sobresaliente cum laude
O programa ARGOS busca equipos interdisciplinares de estudantes para desenvolver proxectos de negocio
O prazo para participar permanecerá aberto ata o 9 de xuño
O seminario ‘Lucus Augusti: Historia dunha cidade’ permite a quince persoas a ampliar os seus coñecementos sobre a orixe de Lugo
A profesora de Historia Antiga da USC, María Dolores Dopico, e o arqueólogo Enrique Alcorta imparten as distintas sesións formativa do curso no Museo Provincial de Lugo
Unha mostra amosa en Fonseca o traballo de 150 anos de atención á diversidade do CEE Manuel López Navalón
A exposición, organizada pola comunidade educativa do centro e por campUSCulturae, poderase visitar ata o 20 de xuño
Un dos maiores expertos na xestión do talento imparte unha charla na USC
Joseph Renzulli falará o martes 3 ás 18.15 horas no Paraninfo da Universidade sobre ‘As grandes ideas sobre o desenvolvemento do talento’