Ir o contido principal

Exposición

Inauguración da exposición 'A Universidade Pintada'

20.06.2022 | 20.00h

Salón Nobre (inauguración) e Claustro Alto (exposición)
Santiago de Compostela

A mostra da artista compostelá Isabel Rey ofrece un percorrido pictórico polos edificios da USC

Exposición 'A Universidade Pintada', de Isabel Rey
Exposición 'A Universidade Pintada', de Isabel Rey

Do 13 de xuño ao 16 de setembro o Claustro Alto do Colexio de Fonseca acolle a exposición 'A Universidade Pintada', unha mostra da pintora compostelá Isabel Rey que leva ao lenzo e á táboa o retrato do patrimonio arquitectónico da Universidade de Santiago de Compostela.

O acto de inauguración da exposición celebrarase o 20 de xuño ás 20.00 horas no Salón Nobre do Colexio de Fonseca, nun evento que servirá tamén para presentar o folleto ilustrado da mostra e que contará coa presenza do reitor da USC, Antonio López Díaz, e da artista responsable da mostra, Isabel Rey. 

Trátase dunha selección de 28 obras de gran formato, realizadas en acrílico sobre táboa, e 7 pezas menores executadas sobre lenzo. Estrutúrase en catro bloques que corresponden coa ubicación dos edificios retratados: Edificios históricos, Campus Norte, Campus Sur e Campus de Lugo. O proxecto combina o goce estético da exposición co acceso a contidos complementarios sobre a historia dos edificios, como imaxes e documentos procedentes do Arquivo Histórico Universitario, aos que se poderá acceder a través de códigos QR que ofrecerán a información en galego, castelán e inglés. 

A exposición está ubicada no Claustro Alto do Colexio de Fonseca e pode ser visitada de luns a venres, de 11 a 14 horas e de 17 a 20.30 horas, sen necesidade de retirar entrada. 

 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 17.06.2022.