Investigar en Artes e Humanidades, tamén dende a casa

Logo de elaborar listaxes no eido da Biomedicina e das Ciencias Sociais e Xurídicas, a Biblioteca Universitaria continúa realizando un percorrido polas diferentes áreas de coñecemento a fin de escolmar recursos en liña para favorecer a docencia en remoto do alumnado. A plataforma de préstamo de libros electrónicos Prelo segue a ser, xunto co repositorio institucional Minerva, unha das principais fontes de información. No eido das Artes e Humanidades, o alumnado pode acceder a libros electrónicos sobre Arte e Cultura, Filosofía e Pensamento, Lingüística e Estudos Literarios e Literatura.
Recursos docentes, Traballos fin de Grao, Traballos fin de Master e Teses son algúns dos arquivos que poden ser consultados de forma completamente gratuíta en Minerva. Xunto a eles, tamén pode atoparse material do Fondo Histórico e Patrimonial da BUSC, do Instituto da Lingua Galega (ILGA) e do Servizo de Normalización Lingüística.
A USC alberga ademais no seu repositorio institucional as revistas que edita dentro das Artes e Humanidades. Deste xeito, Ágora : Papeles de Filosofía, Boletín Galego Literatura, Dorna. Expresión Poética Galega, Estudos de Lingüística Galega, Evohé : Revista Cultural do Campus de Lugo, Moenia, Revista Lucense de Lingüística e Literatura, Quintana : Revista do Departamento de Historia da Arte, Télos. Revista Iberoamericana de Estudios Utilitaristas e Verba. Anuario Galego de Filoloxía están accesibles de modo online e de balde para toda a comunidade universitaria, así como para persoas usuarias alleas á USC.
Outros recursos
A BUSC completou asemade a súa listaxe con ligazóns de acceso a bibliotecas dixitais, dicionarios, museos e bases de datos de imaxes, así como proxectos e centros de investigación.
Bibliotecas dixitais
Biblioteca Digital Siglo de Oro
Biblioteca Digital del Patrimonio Iberoamericano
Biblioteca Virtual del Patrimonio Bibliográfico
Biblioteca Virtual de Prensa Histórica
Bibliothèque Nationale de France, Gallica
Bibliothèques Virtuelles Humanistes
British Library Digitised Manuscripts
Dicionarios
Dicionario da Real Academia Galega
Real Academia Española. Diccionarios
Diccionario Griego-Español en linea (DGE)
Museos e Bases de datos de imaxes
Biblioteca de Arte da Fundação Calouste Gulbenkian
Proxectos e centros de investigación