Ir o contido principal

Actualidade

Enxeñaría Ambiental, un máster con mención de excelencia

A distinción outorgada pola Xunta de Galicia ten unha vixencia de cinco anos e acredita o nivel académico e a solvencia científica e técnica da formación impartida nesta titulación da que saen profesionais que teñen como misión específica a prevención de danos ambientais, a protección do entorno e a mellora da calidade ambiental

Ler máis

Catro revistas renovan o selo de calidade da FECYT

As publicacións científicas da USC 'Ágora. Papeles de Filosofía'; 'Estudos de Lingüística Galega'; 'Obradoiro de Historia Moderna' e 'Verba. Anuario Galego de Filoloxía' manteñen deste xeito a súa condición de revistas excelentes, selo de calidade da Fundación Española para a Ciencia e Tecnoloxía (FECYT)

Ler máis

Últimos días para formalizar a matrícula no IV Ciclo

Ata o próximo 31 de xullo. Este programa pretende posibilitar que persoas maiores de 50 anos, con independencia do seu nivel formativo, compartan procesos formativos e de extensión cultural, con criterios de interdisciplinariedade, favorecendo a súa integración, participación e atendendo ás necesidades de formación permanente das persoas maiores

Ler máis