VI Congreso Internacional de Lingüística Clínica
Santiago de Compostela, 14-16 de marzo de 2022
O VI Congreso Internacional de Lingüística Clínica tentou institucionalizar o campo das disfuncións comunicativas en coordenadas teóricas de Biolingüística e en dimensións prácticas de Logopedia. Ademais dos dous Simposios que precisamente dinamizan contribucións nestas esferas, o congreso definíuse ao redor de dous eixes orientadores: (a) a relación cerebro-linguaxe-conduta, patente na plenaria do Dr. Thomas Fuchs, e (b) a cuestión metodolóxica do manexo de repertorios de datos, constatada na plenaria do Dr. Yvan Rose. As seccións que ordenan as comunicacións buscaban dar cabida aos traballos habituais no campo.
Esta sexta edición do Congreso Internacional de Lingüística Clínica continúa a estela dos encontros previos celebrados na Universitat de València (2006), Universidad Autónoma de Madrid (2009), Universidad de Málaga (2012), Universitat de Barcelona (2015) e Universidad de Cádiz (2018), co propósito de acoller o progreso de coñecemento no marco da nosa Universidade con séculos de antigüidade e nun ano Xacobeo, o 2021/2022, que engade a cultura do Camiño de Santiago ao evento.
Está prevista a edición de dous volumes ligados ás temáticas do Congreso:
- Lingüística Clínica en el ámbito hispánico. Un panorama de estudios (Codesido, Ana; Hernández Sacristán, Carlos; Marrero, Victoria, eds). Berlin: Peter Lang 2023.IBN 9783631893951. DOI: 10.3726/b20412 (Series Studia Romanica et Linguistica).
- Biolinguistics at the cutting edge: promises, achievements, and challenges (Benítez Burraco, Antonio; Fernández López, Isabel; Fernández-Pérez, Milagros & Ivanova, Olga, eds.). Berlin: Mouton/de Gruyter (SGG Series).