Adquisición da linguaxe
Adquisición fónica e corpus. Tratamento en PHON do corpus koiné de fala infantil (FFI2017-82752-P)
Investigadoras principales: Milagros Fernández Pérez (IP1), Isabel Fernández López (IP2)
Financiación: FEDER / Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades. Axencia Estatal de Investigación. Proxectos de Excelencia 2017 (FFI2017-82752-P)
Resumo: O proxecto de investigación Adquisición fónica e corpus. Tratamento en PHON do corpus Koiné de fala infantil permitíu canalizar a elaboración informatizada de repertorios de datos fónicos de linguaxe infantil para reunilos no depósito dixital PhonBank. O sistema PHON de tratamento automático de cadeas fónicas permite a análise das produccións orais de cada un dos nenos que conforman a corpus Koiné de fala infantil, ata agora únicamente codificado nalgunhas das súas propiedades gramaticais. Os resultados do proxecto son novidosos e interesantes por dúas razón fundamentais. Primeiro, pola necesidade de dispór de bancos de datos fónicos ilustrativos da dinámica de adquisición oral do galego y do español que permitan achegarse á descripción do desenvolvemento fónico en cada lingua. Segundo, pola obrigada prioridade que ha atribuírse ás produccións orais infantiles: sen sons non se forman palabras, tampouco oración, así que a dimensión fónica ha de contemplarse de modo ineludible no estudio da adquisición.
Procesos fónicos e emerxencia de sons idiomáticos. Estudo de corpus (FFI2013-41851-P)
Período de desenvolvemento: 2014-2017
Financiamento: Ministerio de Economía e Competitividade, Secretaría do Estado de Investigación, Desenvolvemento e Innovación
Resultados obtidos: A finalidade esencial do proxecto ten sido a de contribuír á creación dun depósito de materiais de fala infantil en español, por agora escasamente documentado. Doutra parte, téñense implementado as garantías empíricas do corpus Koiné de fala infantil ao completar as transcricións cos arquivos sonoros das interaccións das que proceden, e ao tempo téñense incrementado os recursos audiovisuais de materiais de fala infantil en español e en galego (en CHILDES non hai materiais sobre galego, e só se cuenta cos arquivos audiovisuais de Nieva e de Yasmin para o español). Asemade a investigación ten contribuido ao deseño de repertorios de datos sobre o desenvolvemento da lingua dende o momento en que bosquexa criterios para tratar e describir as producións infantís, coa finalidade de destacar o seu valor lingüístico propio (sen tomar como referencia a lingua adulta).
Exploración de capacidades metalingüísticas en idade infantil (10PXIB204091PR)
Período de desenvolvemento: 2010-2013
Financiamento: Ministerio de Economía e Competitividade, Secretaría do Estado de Investigación, Desenvolvemento e Innovación
Resultados obtidos: A relevancia dos valores metapragmáticos constatados na fala infantil nas primeiras etapas (fronte á idea común de que en idades temperás non hai dominio nin monitorización na comunicación) permiten sistematizar certas dimensións de control executivo verbal en período infantil (parello ás propiedades de reflexividade (Hockett 1960) e función metalingüística (Jakobson 1960). No repertorio detectáronse (1) casos de "inhibición" ou de linguaxe contido: murmurios/monólogos/respostas negadas/respostas diferidas; (2) control de sinalizacións engadidas a mensaxes: xestos/berros/entoación marcada (a denominada "Growth Point Theory") ; (3) tácticas de paráfrase e explicación: circunloquios/palabras referenciadas; (4) fala referida: varias voces/discurso co-construído/imitacións/ dramatizacións; (5) destrezas de monitorización e marcos contextualizadores: énfase/auto-corrección/adaptación ao contexto e ao interlocutor; e (6) uso "desprazado" da lingua e "teoría da mente": tácticas para convencer/ desprazamentos mediante recordos do pasado/ xestión consciente e ironía/ eufemismos (con control evidente da comunicación intersubxectiva).
Exploración pautada da fala infantil usando o corpus Koiné. Eficacia comunicativa e progreso construcional (HUM-2007-66074-C02-01)
Período de desenvolvemento: 2007-2010
Financiamento: Ministerio de Educación y Ciencia (HUM2007-66074-C02-01); Xunta de Galicia "Axudas á consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas" da Consellería de Economía e Industria 2008(INCITE09E1R204017ES)e "Ayudas á consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas" da Consellería de Economía e Industria - 2009) (INCITE08ENA204029ES)
Resultados obtidos:Cubriuse a tarefa de axuste, refinado e ampliación de codificacións gramaticais e pragmáticas no corpus koiné de fala infantil, o que conferiu ao banco de datos un grao de especificidade importante. É posible, a partir das etiquetas de propiedades que se recollen no cadro 1, rastrexar a súa presenza no repertorio en distintas franxas de idade, e delinear deste xeito tendencias de desenvolvemento e obxectivos de emerxencia acadados. Sublíñase a relevancia do inventario para definir patróns evolutivos por franxas de idade. Destácase un novo enfoque na valoración da fala infantil: o seu desenvolvemento lingüístico require a análise de mostras lonxitudinais e fala espontánea, avaliar o seu progreso esixe comparativas coas tendencias evolutivas do corpus.
Pódese atopar unha panorámica global da explotación do banco de datos en Fernández Pérez, Milagros (coord.) (2011). Lingüística de corpus y adquisición de la lengua. Madrid: Arco Libros (ISBN 978-84-7635-785-9).
Investigacións sobre emerxencia de propiedades verbales e que explotaron os datos do corpus Koiné:
Fernández López, Isabel (2009). ¿Cómo hablan los niños?. El desarrollo del componente fonológico en el lenguaje infantil. Madrid: Arco Libros (ISBN 978-84-7635-765-1).
Cortiñas Ansoar, Soraya (2014). Deixis y referencia en el habla infantil. Presentadores espaciales y temporales en el corpus koiné. Tese de Doutoramento Mención Europea. Sobresaliente cum laude. Premio Extraordinario
Enríquez Martínez, Iván (2015). La adquisición de construcciones complejas: de la interacción a la gramática. Tese de Doutoramento. Sobresaliente cum laude.