Introdución
O grupo Koiné (Estudos interdisciplinares de comunicación) desenvolve a súa actividade investigadora na esfera da Lingüística aplicada dende 1999, e convértese nun referente polo enfoque innovador no ámbito da linguaxe peculiar en proceso emerxente (adquisición) e en situación de merma (trastornos comunicativos). Sobre a base de atribuír valor propio á fala idiosincrática que non se acomoda aos patróns típicos (R. Jakobson 1956), o gran fito do grupo está na elaboración dun inventario de datos de fala infantil tratado electronicamente e segundo procedementos de codificación asociados ao sistema CHILDES (especializado en linguaxe atípica). O corpus Koiné na súa versión plana inicial figura no portal internacional CHILDES TalkBank dende 2006 (doi:10.21415/T5SW39).Nas coordenadas de traballo compartido no grupo, desenvolvéronse dez proxectos de investigación competitivos, téñense elaborado vintetrés Teses de Doutoramento, e están publicados máis dunha quincena de libros e dun cento de artigos científicos
Proxectos en curso
Corpus e densidade de datos. Versión robusta do ‘corpus Koiné’ de fala infantil (PID2024-158897NB-100)
Investigadores principais: Milagros Fernández Pérez (IP1), Miguel González Pereira (IP2)
Financiación: FEDER / Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades. Agencia Estatal de Investigación. Proxectos de Xeneración de Coñecemento (PID2024-158897NB-100)
Resumo: O obxectivo do proxecto "Corpus e densidade de datos. Versión robusta do ‘corpus Koiné’ de fala infantil" é reconstruír o repertorio para que sexa representativo pola súa densidade evolutiva. O que se coñece como corpus “compacto”, que armoniza a dimensión documental cuantitativa de producións (por número de suxeitos, de arquivos, de emisións, de palabras), e a dimensión cualitativa de datos concentrados significativos (sexan de propiedades, estruturas, ou procesos). Elaborar un catálogo de datos sobre desenvolvemento verbal nas primeras etapas esixe certas condicións de adecuación teórica e empírica, e que globalmente se traducen en requerir rexistros con densidad abondo de fluxo para converterse nunha fonte compacta de propiedades en dinámica gradativa (granurality) parella ás distintas fases do desenvolvemento. O corpus Koiné de fala infantil na súa versión de 2014 con transcrición ordinaria corpus Koiné de habla infantil en su versión de 2014 é o surtidor de mostras que se someten a probas estatísticas para peneirar un inventario denso de datos evolutivamente compactos, refinado en codificacións e robusto na súa raizame cuantitativo-cualitativa. Para a configuración de esta versión consistente do corpus aplícanse técnicas estatísticas tanto na selección de mostras como na de nenos segundo a súa presenza sostida e regular en marxes longitudinais de 3 meses. O soporte informático deseñado ao efecto canalizará o depósito e a xestión dos datos, será un recurso electrónico facilitador en aberto para distintos perfís de usuarios. O proxecto ten un obxectivo derivado de transferencia, que consiste en ofrecer o catálogo de datos compactos mediante unha aplicación electrónica con recursos susceptibles de acceso en tres niveis: (a) ser obxecto de explotación na vertente investigadora; (b) ser canal de formación exenta de prexuízos en gramáticas idiosincráticas de fala infantil; e (c) ser fonte de divulgación que satisfaga inquedanzas de pais e nais e de público en xeral.
