XXXIX Simposio Internacional de la SEL
Santiago de Compostela, 1-4 de febreiro de 2010
O XXXIX Simposio Internacional da SEL, organizado polo grupo Koiné, tivo lugar en Santiago de Compostela do 1 ao 4 de febreiro de 2010. Ademais das comunicacións e dos paneis de temática libre, o marco do congreso acolleu:
- catro plenarias impartidas polos Drs. Guillermo Rojo (Universidade de Santiago): "La frecuencia de los fenómenos sintácticos", Kees Hengeveld (Universidade de Amsterdam): "La Gramática discursivo funcional", Dr. Jesús de la Villa (Universidade Autónoma de Madrid): "Estrategias lingüísticas: la expresión del tiempo relativo en griego antiguo" e Dr. Pierre Swiggers (Universidade Católica de Lovaina): "Figuras(s) de la gramática: apuntes para una morfología de la lingüística".
- un monográfico sobre Lingüística de Corpus
- un curso de Lingüística clínica a cargo das profesoras Beatriz Gallardo Paúls (Universidad de Valencia), Sonia Madrid Cánovas (Universidad de Murcia) e Isabel Fernández López (Universidad de Santiago de Compostela).
As comunicacións seleccionadas publicáronse en CD ROM, nunha edición a cargo de Pablo Cano López, Soraya Cortiñas Ansoar, Beatriz Dieste Quiroga, Isabel Fernández López e Luz Zas Varela, co título Actas del XXXIX Simposio de la Sociedad Española de Lingüística.