Universidade de Santiago de Compostela
Campus Vida
Pesca en verde
Group of Environmental Engineering and Bioprocesses

Vostede está aquí

Inicio » Procedemento de concesión

Contrato uso da marca

Procedemento para a obtención do contrato de uso da marca:

1.  Elaboración dun informe. O Armador ou a empresa Distribuidora deberá haber elaborado un informe onde incluirá o cálculo da pegada de carbono e a tasa de retorno enerxético das especies que quere certificar. Neste proceso deberá intervir un Consultor Rexistrado que firmará o informe.

2.  Certificación do informe. A empresa Certificadora Autorizada emitirá un certificado que avale os datos rexistrados e os resultados do informe necesario para obter a ecoetiqueta pescaenverde.

3.  Envío da Documentación.  Os seguintes documentos deberán remitirse en formato .pdf á dirección de correo electrónico pescaenverde@usc.es indicando como asunto “Documentación”.

- O informe firmado polo Consultor Rexistrado
- O certificado de validación dos datos, emitido pola Certificadora Autorizada.

4.  Requisitos Ecolóxicos. A USC verificará o cumprimento dos requisitos ecológicos (pegada de carbono e a tasa de retorno enerxético) necesarios para autorizar o uso da marca pescaenverde a partir dos datos e do cálculo reflictido no informe.

5.  Concesión da licenza do uso da marca. A USC e as empresas (armador e distribuidor) asinarán un contrato de licenza para a utilización da marca/ecoetiequeta pescaenverde de ata un máximo de 3 anos.