Universidade de Santiago de Compostela
Campus Vida
Pesca en verde
Group of Environmental Engineering and Bioprocesses

Vostede está aquí

Inicio

Procedemento de concesión

1.  Solicitude á USC por parte do Armador e/ou Empresa de Distribución en Lonxa onde deberá indicar a especie para a que se quere obter a marca/ecoetiqueta pescaenverde.

2.  Licenza activa. Tanto o Armador como a Empresa Comercializadora en Lonxa deberán ter activa a licenza de uso do software pescaenverde 2.0 asociado á marca de garantía/ecoetiqueta  pescaenverde.

3.  Elaboración do informe. O Armador ou a empresa Distribuidora deberán preparar un informe onde se incluirá o cálculo da pegada de carbono e a taxa de retorno enerxética das especies que se queiran certificar. Neste proceso deberá intervir un Consultor Rexistrado que asinará o devandito informe. Dende a propia web ofrécese o curso de formación para constar coma Consultor Rexistrado.

4.  Certificación do informe. A empresa Certificadora Autorizada emitirá un certificado que avale os datos rexistrados e os resultados obtidos no informe necesario para obter a marca/ecoetiqueta pescaenverde.

5.  Comprobación de Requisitos Ecolóxicos.

   - Envío da Documentación. Tanto o  informe asinado polo Consultor Rexistrado así como o informe de verificación da Certificadora Autorizada deberán remitirse en formato .pdf á seguinte dirección de correo electrónico: pescaenverde@usc.es

   - Verificación dos Requisitos Ecolóxicos. A USC verificará o cumprimento dos requisitos ecolóxicos (Pegada de Carbono e Taxa de Retorno Enerxética) necesarios para autorizar o uso da marca pescaenverde a partir dos datos e  do cálculo reflectidos no informe. Asemade, é condición indispensable que o informe veña acompañado do certificado de veracidade dos datos emitido pola Certificadora Autorizada

6.  Concesión de licencia do uso da marca. A USC e as empresas (armador e distribuidor) asinarán un contrato de licenza para a utilización da marca/ecoetiequeta pescaenverde de ata un máximo de 3 anos.

 

Procedemento de concesión - Pasos