Castellano

                      Observatorio Astronómico Ramón María Aller 
  
 

Fotografías astronómicas. Autor: Francisco Javier Cerdán Núñez.

Cometa C/2023 A3 Tsuchinshan Atlas:


Cometa C/2023 A3 Tsuchinshan Atlas


Foto de Francisco Javier Cerdán Núñez, tomada o 13 de outubro de 2024. Exposición: 8 segundos.

Cometa 12P/PONS-BROOKS:

Observable con prismáticos durante marzo de 2024. Constelación de Piscis


Cometa 12P/PONS-BROOKS


Foto de Francisco Javier Cerdán Núñez, tomada en marzo de 2024.



Xornadas de inicio de curso 2024-25:


"#BenVida USC"


Actividades de Lalín Starlight 2024:

Verán Astronómico en Lalín


Programas de divulgación astronómica nos últimos anos

Noites Astronómicas:

Verán 2024

8 de agosto: Rianxo

10 de agosto: Sanxenxo

14 de agosto: SantaComba

15 de agosto: Pico Sacro

Verán 2023

19 de xullo: Lalín

12 de agosto: Lalín

21 de agosto: Allariz

22 de agosto: Santa Comba

23 de agosto: Lalín

25 de agosto: Rianxo

26 de agosto: Sanxenxo





Xornadas de inicio de curso 2023-24:


"#BenVida USC"



Exposición sobre Fotografía Astronómica Documentada

Xoias do Ceo



Novo libro de divulgación


Acaba de ser publicado este texto de divulgación astronómica en galego dirixido a todos os públicos e que ven a cubrir un oco na literatura científica da nosa Comunidade.

En máis de dúas centas páxinas con numerosas figuras e fotos a toda cor está resumido o esencial que os/as amadores/as da Astronomía deben saber para dar os seus primeiros pasos. Inclúense, nunha linguaxe amigable, tanto a parte máis matemática como a física desta atractiva ciencia co ánimo de que sexa de utilidade para aprender e desfrutar, tal como versa o seu título.

Pode ser así mesmo unha guía de interese para o alumnado da universidade de maiores (Cuarto Ciclo na USC) pero tamén nas ensinanzas medias e, en xeral, para todos/as os/as que sintan a Astronomía como unha forma de pasalo ben e adquirir coñecementos sobre o universo.

Dedicado ao profesor Ramón María Aller Ulloa, iniciador da investigación astronómica en Galicia, o libro está escrito por José Ángel Docobo, Pedro Pablo Campo, e José Ramón González Romay, tres persoas moi vinculadas ao Observatorio Ramón Mª Aller da USC e que teñen unha amplísima experiencia non só en divulgación, senón tamén en investigación e docencia.

O libro, de momento escrito só en galego, foi editado por Lápices 4.


Portada




 

Exposición AstrónomAs  

AstronomAs cartel Fonseca



A exposición AstrónomAs mostra as aportacións de ciencia e de vida desa outra metade do universo investigador que son as mulleres. A través dunha páxina web, www.astronomas.org, que adopta as modernas formas de mirar e aprender, ofrécense gran variedade de contidos e elementos interactivos que mostran o activo protagonismo que tiveron e teñen as mulleres nesta disciplina. O seu acceso desde calquera dispositivo electrónico permite visitala en cualquera momento e desde cualquera lugar. 



web AstrónomAs



A banda sonora da exposición e o vídeo de presentación pódense atopar na canle de YouTube:


https://www.youtube.com/channel/UC_qfd_WEYVR8_3qizrzbCXw


onde iremos engadindo vídeos adicionais nos vindeiros días.  

 

Existe tamén unha versión reducida en formato cartaz en castelán, galego e catalán. O vindeiro 29 de setembro ás 11:30 terá lugar a inauguración da versión galega no claustro alto do Colexio de Fonseca en Santiago de Compostela, onde estará durante un mes, do 29 de setembro ao 29 de outubro. Poderase visitar de luns a venres en horario de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:30.   

 

O equipo de traballo deste proxecto invita a visitar a exposición e así compartir esta aventura que tanto temos desfrutado.


Patrocinadores

 

Josefina F. Ling   

Comisaria  






Programas de divulgación astronómica nos últimos anos:


"A Vía Láctea e outros motivos xacobeos do Camiño" (2022)

 

"Camiños de Estrelas"(2021)

 

"O Camiño das Estrelas. As Estrelas do Camiño" (2021)


Programa de divulgación astronómica "O camiño das
estrelas. As estrelas do camiño"
(2019)

Programa de divulgación astronómica TODOCOSMOS (2018)


 
           
NOTA DE PRENSA

Co financiamento de Turismo Galicia (Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia), o Observatorio Astronómico Ramón María Aller organiza o congreso público: Astronomía nas Rutas Xacobeas.

Trátase dunha iniciativa que levará por unha morea de sedes, tanto en Galicia como fora dela, conferencias, presentacións, e sesións de observación nocturna do ceo, tanto a simple vista como con telescopios.

O Congreso iníciase hoxe en Padrón  para continuar logo en Lalín, Boqueixón, Rianxo, Teo, Allariz, O Barco de Valdeorras, Sanxenxo, Ribadeo, Monforte, Noia, e Vedra, ainda que en varios concellos haberá mais dunha sesión. De momento non está pechada a incorporación de outros concellos galegos.
Tamén agárdase confirmar en breve as actuacións en León, Burgos, Logroño, e mais Pamplona.

En todos os casos as sesións van ter lugar baixo as mais estrictas medidas sanitarias en colaboración cos distintos concellos participantes.

José Ángel Docobo Durántez
Catedrático de Astronomía e
Responsable do Congreso

Actividades programadas:

17 de xullo: Padrón
23 de xullo: Boqueixón
24 de xullo: Rianxo
25 de xullo: Teo
27 de xullo: Allariz
28 de xullo: O Barco de Valdeorras
29 de xullo: Lalín

7 de agosto: Teo
8 de agosto: Sanxenxo
12 de agosto: León
12 de agosto: Nájera
13 de agosto: Allariz
20 de agosto: Boqueixón
21 de agosto: Ribadeo
23 de agosto: Sanxenxo
24 de agosto: Ribadeo
25 de agosto: León
25 de agosto: Rianxo
26 de agosto: Lalín

10 de setembro: Noia
22 de setembro: Burgos
25 de setembro: Vedra

Outubro: Mes da Astronomía na Biblioteca Pública Ánxel Casal
30 de outubro: Pamplona
 
 

           
Programa de divulgación astronómica TODOCOSMOS
Programa de Extensión Cultural de AStronomía (PECAS)
 

Reedición de ASTRONOMÍA A OLLO CEIBE no 75 aniversario do Observatorio.

ollo




Reedición de ALGORITMIA no seu centenario.

 

ACTIVIDADES ASTRONÓMICAS NA CIDADE DA CULTURA DE GALICIA

As persoas interesadas deberán apuntarse en cada actividade a través da páxina web da Cidade da Cultura de Galicia.

PROGRAMA DE ASTRONOMÍA CdC 2018

XULLO: días 7, 14 e 21 (ás 23h)

AGOSTO: 4, 11, 12 e 18 (ás 22.30)

SETEMBRO: 1, 8 e 15 (ás 22.00)







Eclipse de Sol do 21 de agosto de 2017


O 21 de agosto de 2017 haberá unha eclipse total de Sol. A totalidade só será visibel nunha zona duns 200 kilómetros de ancho que recorrerá o Pacífico Norte, EEUU, e Atlántico Norte.
Desde Galicia será visibel como parcial cunha magnitude moi pequena , 0,25, o que significa que no máximo só chegará a taparse a cuarta parte da superficie do Sol. O poderemos contemplar
xusto no solpor, en torno ás 21:15 de hora oficial peninsular.

A pesar de estar o  Sol moi baixo é imprescindibel ter en conta o protocolo de protección da vista, sendo necesario para a correcta observación do fenómeno dispor de gafas especiais ou
proxectar a imaxe do Sol sobre unha parede ou cartulina. NUNCA se debe observar o Sol sen protección axeitada e menos aínda a través de instrumentos como prismáticos ou telescopios.



 


Perseidas 2017


Desde que no ano 36 d.C. se tivo o primeiro testemuño delas, as Perseidas acoden puntualmente á súa cita de agosto.

Son, sen dúbida, as "estrelas fugaces" máis famosas e non só porque anos atrás deron lugar a espectaculares chuvias, senón tamén, e sobre todo, porque son visibles no mes vacacional por excelencia.

Como ben é sabido, as chamadas "chuvias de estrelas" prodúcense cando a Terra pasa a través do regueiro de partículas que os cometas deixan trás de sí ao moverse ó redor do Sol. O cometa
proxenitor das Perseidas (chamadas así porque o radiante, o punto do ceo de onde parecen provir, está na constelación de Perseo), é o 109P/Swift-Tuttle.

Este cometa fora descuberto en 1862 desde Estados Unidos por Lewis Swift e Horace Parnell Tuttle case de forma simultánea e pouco despois o astrónomo italiano Giovanni Schiaparelli foi quen
advertiu da súa relación coas Perseidas. O Swift-Tuttle describe a súa órbita en pouco máis de 135 años, e foi en decembro de 1992 cando pasou por última vez polas cercanías do Sol.

As Perseidas, coñecidas tamén como "Bágoas de San Lorenzo" porque no pasado víanse o día 10 (San Lorenzo), en realidade poden observarse esporádicamente desde o 17 de Xullo ao 24 de
Agosto.

O máximo da chuvia producirase a noite do 12 ao 13 de agosto, polo que iste é o mellor día para observala. O pico será entre as 16h do día 12 e as 4h30m do día 13 (hora oficial peninsular).
A Lúa, que atópase en fase menguante, sairá cara ás 00:20
do día 13, polo que é recomendable comezar a observación antes. Para un correcto avistamento é recomendable situarse nun lugar
suficientemente alonxado das luces das vilas e cidades, e colocarse preferentemente acostado mirando cara arriba e cara ao leste.


QUE OUTRAS COUSAS PODEMOS OBSERVAR NO CEO NESTA ÉPOCA?

Entretanto agardamos a aparición das Perseidas podemos aproveitar para contemplar distintos obxectos de grande interese que nos ofrece o ceo estes días.

Unha vez teña anoitecido, e sempre desde lugares ben escuros, temos a oportunidade de ver a Vía Láctea, esa banda leitosa que se extende pola bóveda celeste e que pasa por constelacións
como a propia PERSEO, CASSIOPEA, o CISNE, a ÁGUIA E SAXITARIO.

Tres estrelas brillantes: Vega (en LIRA), Altair (en ÁGUIA) e Deneb (en CISNE) constitúen o chamado Triángulo de Verán e que, aproximadamente cara á unha da madrugada podemos ver no máis alto.

A constelación de PERSEO sae na Península a medianoite cara ao norleste. Está situada entre CASSIOPEA (visible toda a noite coa súa característica forma de W ou M) e o TOURO (que sae máis
tarde, sobre as 2.30). En PERSEO con axuda duns prismáticos é posible observar o famoso DOBRE CÚMULO, constituido por dúas asociacións estelares moi próximas.

Cun pequeno telescopio teremos acceso por exemplo a cousas tan interesantes como a nebulosa anelar de LIRA (cerca de Vega) así como ao cúmulo globular M13 en HÉRCULES e á estrela
dobre Albireo no CISNE, na cal unha componente é azul e a outra laranxa.

O Observatorio Astronómico Ramón María Aller colabora coa Cidade da Cultura de Galicia na organización dunha sesión especial para a observación das Perseidas desde as instacións do
monte Gaiás a partir das 22.30 do día 12.



JOSÉ ÁNGEL DOCOBO DURÁNTEZ

Director

Observatorio Astronómico Ramón María Aller

Universidade de Santiago de Compostela






Programa de divulgación astronómica TODOCOSMOS 2017






ACTIVIDADES ASTRONÓMICAS NA CIDADE DA CULTURA DE GALICIA

As persoas interesadas deberán apuntarse en cada actividade a través da páxina web da Cidade da Cultura de Galicia.



PROGRAMA DE ASTRONOMIA CdC 2016



XULLO: días 1, 8, 15 e 29 (ás 23h)

AGOSTO: 6, 12, e 26 (ás 22.30)

SETEMBRO: 2 e 9 (ás 22.00)









Presentación do libro Astronomía a ollo ceibe, de Ramón María Aller Ulloa.

ollo








Programa de divulgación astronómica TODOCOSMOS 2016






Eclipse total de Lúa do 28 de setembro de 2015

Sen dúbida o fenómeno astronómico máis relevante do outono que comeza a vindeira semana será a eclipse total de Lúa que se producirá a noite do 27 ó 28 de setembro.
O fenómeno iniciarase ás 2h 12m do día 28 co primeiro contacto do noso satélite co cono de penumbra, pero será ás 3h 7m cando se inicie a eclipse parcial. A Lúa permanecerá eclipsada totalmente desde as 4h 11m até as 5h 23m, e a partires de ese momento voltará a estar eclipsada parcialmente unha hora máis, terminando completamente a eclipse ás 7h 22m, momento en que o noso satélite sairá do cono de penumbra.
Ben é sabido que aínda na fase total a Lúa non chega a desaparecer de todo, con tonos vermellos e castaños, xa que logo a nosa atmosfera desvía cara a ela raios tanxentes de luz solar.
Esta eclipse coincidirá tamén coa Lúa chea preto do perixeo, o punto máis próximo á Terra da súa órbita, polo que se terá unha Superlúa eclipsada.

eclispe

Imaxe: Alfredo García Jr.

 

 




 

 

Xornadas sobre Contaminación Lumínica

As primeiras actuacións sobre a Contaminación Lumínica (CL) na USC datan de 2005, cando o profesor Docobo contactara coa Oficina de Desenvolvemento Sostible (ODS) para que a CL fose incluida entre os temas de interese a tratar dado o perxuízo que a CL comezaba a causar ó Observatorio. Daquela, á fronte da ODS estaba a profesora Dora Blanco Heras, contando primeiro coa axuda de Xosé Taboada e logo con Noelia López.

A ODS a petición do Observatorio Astronómico Ramón María Aller (OARMA), levou acabo un inventario de todas as luminarias do Campus de Santiago e mais un mapa de contaminación lumínica que foi enviado tanto a Oficina de Urbanismo da USC coma ó Consorcio da Cidade de Santiago. Eran outros tempos, nos que o gasto de enerxía era asumido polas administracións sen problemas. Aínda así, a Xunta de Galicia a través da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, concedera unha axuda ó OARMA (Sostenibilidade, Urbanismo e Medio Ambiente / MA 407 A -2008 -140) para concienciar dos problemas que a CL causa á sociedade (derroche enerxético, intrusismo luminoso, Seguridade Vial, etc.) e ó Medio Ambiente (hábitats naturais, animais, plantas, pérda do ceo escuro, etc.).

Xa en xuño de 2006, o profesor Docobo invitara ó investigador Franco Della Prugna, do CIDA (Venezuela) a dar unha conferencia sobre CL, e dous anos despois, promovido polos profesores Docobo e Bará, tivo lugar o primeiro curso de verán da USC (celebrado na vila de Rianxo) sobre CL, onde o Dr. Cipriano Marín presentou en España a Iniciativa Starlight. O título fora: "Actividades astronómicas nos concellos vs. Contaminación Lumínica". Tamén en 2008, na inauguración da  XII Edición do Programa de Extensión Cultural de Astronomía organizado polo OARMA, con 400 participantes, Noelia López dera unha charla sobre este tópico.

Neste mes de setembro de 2015 (días 2-4), a USC organiza un novo Curso de Verán sobre CL. O título é XORNADAS DE "CONTAMINACIÓN LUMÍNICA: UNHA NOVA FRONTEIRA". Máis información en
http://www.usc.es/gl/servizos/cultura/veran/2015/curso_0031.html 

http://webspersoais.usc.es/export/sites/default/persoais/salva.bara/docs/20150520_CallForPapers_GL.pdf

 

 

 

 




 

 

Actividades previstas para a eclipse

Conferencia no Auditorio de Padrón a cargo do Profesor José Ángel Docobo Durántez, xoves 19 de marzo ás 20:00.

Sesións de observación, venres 20 de marzo desde as 9:05 ata as 11:18:
            Xardín do Observatorio Astronómico Ramón María Aller
            Praza de Macías, Padrón
            Porto de Sanxenxo

O vindeiro dia 20 de marzo terá lugar unha eclipse solar que vai ser total nunha franxa que, iniciándose no Atlántico, pasará entre Islandia e as Illas Británicas e rematará no Polo Norte. Na Península Ibérica vaise ver coma parcial pero con unha importante magnitude. De feito, Galicia ó estar mais preto da zona de totalidade será a Comunidade onde a Lúa oculte máis ó Sol, concretamente na  costa noroeste chegaráse a ver máis dun 75% da superficie do Sol oculta no medio da eclipse.

No caso de que as condicións meteorolóxicas sexan favorables, a eclipse deberá de observarse coas debidas precaucións, o que hai que transmitir á poboación en xeral e particularmente ós mais novos dado que ese día, curiosamente tamén o último do inverno, é festivo este ano en Galicia e polo tanto non será día lectivo.

O procedemento máis seguro para observar unha eclipse solar é proxectando sobre unha superficie a imaxe producida por un pequeno telescopio pero, NUNCA mirar directamente ó Sol e menos aínda observalo con prismáticos ou telescopios. Unha alternativa, se non se dispón das gafas especiais ó efecto, pode ser usar os cristais que se adoitan utilizar en soldadura pero neste caso aconséllase manexar aqueles con máximo factor de protección e non mirar de xeito continuado. En todo caso, os máis cativos deben de estar sempre tutelados.

A eclipse do día 20 vai ser a máis importante en Galicia desde aquela espectacular eclipse anelar do 3 de outubro de 2005. Entón, aínda que a Lúa se situou xusto fronte ó Sol, non fora quen de tapalo completamente ficando un aro de luz solar arredor do noso satélite; iso debérase a que a Lúa naquel intre estaba preto do apoxeo (máxima distancia a nós). Compre lembrar que a distancia Terra-Lúa oscila entre 356.375 e 406.720 quilómetros.

Na mañá do venres dia 20, a eclipse comezará para nós ás 9:05, terá o máximo ás 10:09, e rematará ás 11:18. Será retransmitido vía internet polo Real Instituto y Observatorio de la Armada (ROA, http://www.eclipse.roa.es/), por Canal Ciencia (http://www.sky-live.tv/index-canal-ciencia.html), e por Misión Eclipse (http://www.misioneclipse.es/). O Observatorio Astronómico Ramón María Aller organizará no seu xardín unha sesión pública de seguimento do fenómeno desde o comezo do mesmo.

A próxima eclipse solar que se verá coma total na Península, será o do 12 de agosto de 2026, en tanto que o 26 de xaneiro de 2028 poderá verse outro de carácter anelar.

Neste ano 2015 tamén teremos a oportunidade de contemplar unha eclipse total de Lúa, será na noite do 27 ó 28 de setembro.


Eclipse
Imaxe: Real Instituto y Observatorio de la Armada











ACTIVIDADES ASTRONÓMICAS NA CIDADE DA CULTURA DE GALICIA



Por sexto ano consecutivo a Cidade da Cultura de Galicia confiou ó Observatorio Astronómico Ramón María Aller (OARMA) da USC a realización dun amplo programa estival de actividades de Astronomía
para todos os públicos.

Ó longo dos próximos tres meses, haberá 10 sesións de observación nocturna no Gaiás nas que os presentes poderán recoñecer constelacións a simple vista e incluso observar, a través de telescopios, a Lúa, planetas, estrelas dobres, cúmulos estelares, nebulosas, etc. Unha de ditas xornadas, a do 12 de agosto, estará dedicada fundamentalmente á observación das estrelas fugaces Perseidas.

Como sempre, as actividades de observación virán acompañadas de informaciones de interese, comentarios, e anécdotas en relación cos obxectos a observar por parte dos monitores do OARMA, co fin de facer as veladas o máis atractivo posible ós/ás participantes.

As personas interesadas deberán apuntarse en cada actividade a través da páxina web da Cidade da Cultura de Galicia.

PROGRAMA DE ASTRONOMIA CdC 2015

XULLO: días 10 e 17 (ás 23h)

AGOSTO: 7, 12, 14 e 21 (ás 22.30)

SETEMBRO: 4, 11 e 18 (ás 22.00)









Reedición do libro Astronomía a simple vista, de Ramón María Aller Ulloa, e edición do vídeo Ramón María Aller, Astrónomo, con versións en galego, castelán e inglés.


portada







O profesor José Ángel Docobo presentou en Lalín unha biografía sobre Ramón María Aller

O director do Observatorio Astronómico da USC, José Angel Docobo, é o autor do libro Ramón María Aller. Astrónomo e matemático, biografía que o venres 28 de novembro se presentou en Lalín dentro das actividades promovidas co gallo do 25 aniversario da inauguración do Museo Ramón Mª Aller na localidade pontevedresa. Na presentación interviron o profesor Docobo xunto ao alcalde de Lalín, Xosé Crespo Iglesias, e ao director da editorial Ouvirmos Xosé M. Aldea.
A biografía científica editada por Ouvirmos S. L. (ISBN: 978-84-941053-5-7) forma parte da serie BIOGRAFÍAS DE CIENTÍFICOS. O libro está escrito en galego e conta con 135 páxinas, divididas en 13 apartados, nas que se inclúen unha morea de fotos relacionadas coa vida e obra do padre Aller, referencia da astronomía galega e un dos astrónomos españois máis salientables do século XX.

cartaz
 








XVIII Edición do Programa de Extensión Cultural de Astronomía (PECAS)











Presentación do libro ESOS ASTRÓNOMOS LOCOS POR EL CIELO









Programa de divulgación astronómica TODOCOSMOS 2015








ACTIVIDADES ASTRONÓMICAS NA CIDADE DA CULTURA DE GALICIA

Por quinto ano consecutivo a Cidade da Cultura de Galicia ten confiado ó Observatorio Astronómico Ramón María Aller (OARMA) da USC a realización dun amplo programa estival de actividades de Astronomía para todos os públicos.

Ó longo dos próximos tres meses, haberá 11 sesións de observación nocturna no Gaiás nas que os presentes poderán recoñecer constelacións a simple vista e mesmo observar, a través de telescopios, a Lúa,
planetas, estrelas dobres, cúmulos estelares, nebulosas, etc. Unha de ditas xornadas, á do 12 de agosto, estará dedicada fundamentalmente á observación das estrelas fugaces Perseidas.

Como sempre, as actividades de observación virán acompañadas de informacións de interese, comentarios, e anécdotas en relación cos obxectos a observar por parte dos monitores do OARMA, coa finalidade de
facer as veladas o mais atractivo posible ós/ás participantes.

As persoas interesadas deberán de apuntarse en cada actividade a través da páxina web da Cidade da Cultura de Galicia.

PROGRAMA DE ASTRONOMIA CdC 2014

XULLO: dias 4, 18, e 25 (ás 23h)
AGOSTO: 1 12, 15, 22 e 29 (ás 22.30)
SETEMBRO: 5, 12 e 19 (ás 22.30)

Cartaz







Programa de divulgación astronómica TODOCOSMOS 2014











Josefina F. Ling, profesora da Universidade de Santiago de Compostela  (USC) e investigadora do Observatorio Astronómico Ramón María Aller de dita institución, acaba de publicar a traducción ó castelán do libro de Paul Couteau, "Esos astrónomos locos por el cielo, o la  historia de la observación de las estrellas dobles", editado polo Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da USC.

Eses tolos polo ceo son persoas que consagraron a súa vida, e a menudo a súa fortuna, á investigación e ó estudo das estrelas dobres; uns enigmáticos sistemas estelares que se dedican a xogar ás agachadas mentres danzan un vals misterioso.

Desde Sir William Herschel, o organista e xenial astrónomo, que propuxo nos albores do século XIX a distribución do Universo en galaxias, pasando polo pastor anglicano que descubriu verdaderas xoias celestes, ata os actuais equipos internacionais de investigación dotados dos maiores telescopios; todos, buscaron coa mesma paixón e máis alá do mero espectáculo que constitúe a eternidade destes pares celestes, a Pedra Filosofal, o secredo da alquimia estelar e os medios para derrubar o muro que aprisiona o noso coñecemento.

O autor é un deles e ninguén mellor que el para sumerxirnos na aventura de coñecer estes obxectos estelares, tanto desde o punto de vista científico como histórico. Pois se trata dunha das máximas autoridades nesta materia.  Descubridor de máis de 2700 estrelas binarias, foi director do Centro Europeo de Estrelas Dobres (Observatorio de Niza) durante máis de 40 anos, presidente da 
Comisión 26 da Unión Astronómica Internacional e autor de numerosos libros de astronomía.

A  pesar dos 25 anos transcurridos desde a edición orixinal francesa, esta obra non perdeu a súa vixencia, xa que a historia nunca morre e a atracción que todavía suscita, foi entre outras unha das razones para ofrecer ós lectores de fala hispana a súa transcripción. Nesta versión, e a suxerencia de P. Couteau, incluiuse un último capítulo de actualización escrito por Josefina F. Ling.

A obra se pode adquirir a través da seguinte direción electrónica:

http://www.usc.es/libros/index.php/spic/catalog/book/639
Portada











O OBSERVATORIO ASTRONÓMICO RAMÓN MARÍA ALLER OFERTA A XVI EDICIÓN DO PROGRAMA DE
EXTENSIÓN CULTURAL DE ASTRONOMÍA (2013-2014)

O Programa de Extensión Cultural de Astronomía (PECAS), que nacera en 1997 para achegar o mundo da Astronomía a toda a comunidade universitaria, chega este curso á súa XVII edición.
A actividade docente está asimesmo aberta a toda a cidadanía.

O desenvolvemento do PECAS consiste en facer distintas observacións cos telescopios do Observatorio da Lúa, planetas, estrelas dobres, cúmulos estelares, nebulosas, galaxias, etc., ademais dunha observación do Sol.

Aparte diso, impartiranse varias charlas sobre temas astronómicos de actualidade, se visualizarán videos e darase ampla información bibliográfica.

O seguimento desta actividade, que se prolongará ata maio, permitirá convalidar 1 crédito ECTS ó alumnado dos distintos graos, e 1 crédito de libre configuración para as licenciaturas.

Ofértanse 400 prazas. Para a comunidade universitaria, a matrícula terá lugar o vindeiro día 29 de outubro (ver páxina web do curso: www.usc.es/pecas). O público en xeral deberá de facer a inscrición na Área de Cultura da USC sita no reitorado. Neste caso o prazo vai dende o día 23 ó 29 deste mes de outubro.

 

Memoria de actividades dos últimos 10 anos


 


Actividades estivais do Observatorio Astronómico Ramón María Aller na Cidade da Cultura de Galicia (2013)

Obradoiros:
      Telescopios, día 05/07/2013 (21:30 horas)
      Reloxos de Sol e observación de manchas solares, día 19/07/2013 (12:30 horas)
      Bólidos e Meteoritos, día 06/09/2013 (21:00 horas)

Sesións nocturnas de observación:
      Xullo, días 5 e 12 (de 23:00 a 01:00)
      Agosto, días 2, 9, 12, 16 e 30
(de 22:30 a 00:30)
      Setembro, días 6 e 13
(de 22:30 a 00:30)

Profesorado:
      José Ángel Docobo Durántez
      Pedro Pablo Campo Díaz
      José Ramón González Romay



 


O OBSERVATORIO ASTRONÓMICO RAMÓN MARÍA ALLER OFERTA A XVI EDICIÓN DO PROGRAMA DE
EXTENSIÓN CULTURAL DE ASTRONOMÍA E A SEMANA DA CIENCIA

O Programa de Extensión Cultural de Astronomía (PECAS), que nacera en 1997 para achegar o mundo da Astronomía a
toda a comunidade universitaria, chega este curso á súa XVI
edición.
A actividade docente está asimesmo aberta a toda a cidadanía dende o ano pasado.

O desenvolvemento do PECAS consiste en facer distintas observacións cos telescopios do Observatorio da Lúa, planetas,
estrelas dobres, cúmulos estelares, nebulosas, galaxias,
etc., ademais dunha observación do Sol.

Aparte diso, impartiranse varias charlas sobre temas astronómicos de actualidade, se visualizarán videos e darase ampla
información bibliográfica.


O seguimento desta actividade, que se prolongará ata maio, permitirá convalidar 1 crédito ECTS ó alumnado dos distintos
graos, e 1 crédito de libre configuración para as
licenciaturas.

Para a comunidade universitaria ofértanse 400 prazas cuxa matrícula terá lugar o vindeiro día 29 de outubro (ver páxina
web do curso: www.usc.es/pecas). O público en xeral deberá
de facer a inscrición na Área de Cultura da USC sita no
reitorado. Neste caso o prazo vai
dende o día 23 ó 29 deste mes de outubro.


Por outra banda, o Observatorio organiza tamén en novembro a SEMANA DA CIENCIA, que inclúe:

Visitas guiadas ó Centro: días 9, 10, 16, e 17 de novembro, de 21.00 a 24.00 horas.
Astronomía
para nenos: os domingos 11 e 18 de novembro, en dúas quendas de 17:00 a 18:30 e de 18:30 a 20:00.
Obradoiro de reloxos de sol: 10 de novembro, de 16:00 a 17:00.

Obradoiro de telescopios: 17 de novembro, de 20:00 a 21:00
Cursiño de iniciación: catro sesións teóricas os días 5, 7, 12 e 14 de novembro, de 20:00 a 21:30, e dúas sesións
  de observación que se farán de acordo coas previsións meteorolóxicas.

Finalmente o programa de astronomía itinerante que permite levar a astronomía a
colectivos e escolares con dificultades de achegarse ó Observatorio.

É necesario reservar praza para todas as actividades.
Información e reservas: joseangel.docobo@usc.es, pedropablo.campo@usc.es


 


Actividades estivais do Observatorio Astronómico Ramón María Aller na Cidade da Cultura de Galicia (2012)

Obradoiros:
      Reloxos de Sol, día 06/07/2012 (17:30 horas)
      Telescopios, día 10/07/2012 (21:00 horas)
      Bólidos e Meteoritos, día 07/09/2012 (21:00 horas)

Sesións nocturnas de observación:
      Xullo, días 6, 13, 20 e 27 (de 23:00 a 01:00)
      Agosto, días 11, 17 e 24 (de 22:30 a 00:30)
      Setembro, días 7, 14 e 21 (de 22:30 a 00:30)

Profesorado:
      José Ángel Docobo Durántez
      Pedro Pablo Campo Díaz
      José Ramón González Romay
      Alberto Lago Alonso



 


Investigación sobre o bólido observado o 17 de agosto de 2011



 


Publicación do libro: As Matemáticas e a Astronomía en Galicia


 


15ª EDICION DO PROGRAMA DE EXTENSION CULTURAL DE ASTRONOMIA (PECAS). CURSO 2011-12

  
DIRECTOR: Prof. José Angel Docobo Durantez  
                      
PROFESORES:   Pedro Pablo Campo Díaz
                                                 José Ramón González Romay                          
Alberto Lago Alonso



 
 
Semana da Ciencia 2011
 



Actividades estivais do Observatorio Astronómico Ramón María Aller na Cidade da Cultura de Galicia (2011)


Profesorado:

      José Ángel Docobo Durántez
      Pedro Pablo Campo Díaz
      José Ramón González Romay
      Alberto Lago Alonso



 
  
14ª EDICION DO PROGRAMA DE EXTENSION CULTURAL DE ASTRONOMIA (PECAS). CURSO 2010-11 
  
                                DIRECTOR: Prof. José Angel Docobo Durantez                          

                                PROFESORES:   Pedro Pablo Campo Díaz 
                                                José Ramón González Romay
                                                Alberto Lago Alonso
  

 
 
CONGRESO PÚBLICO DE ASTRONOMÍA: O CAMIÑO DAS ESTRELAS – AS ESTRELAS DO CAMIÑO (2010) 
  
 



Actividades estivais do Observatorio Astronómico Ramón María Aller na Cidade da Cultura de Galicia (2010)


Profesorado:

      José Ángel Docobo Durántez
      Pedro Pablo Campo Díaz
      José Ramón González Romay
      Alberto Lago Alonso
      María Brea Mato



 
 
13ª EDICION DO PROGRAMA DE EXTENSION CULTURAL DE ASTRONOMIA (PECAS). CURSO 2009-10                            

                       DIRECTOR   : Prof. José Angel Docobo Durantez                          

                       PROFESORES  :   María Brea Mato                                      

                                       Pedro Pablo Campo Díaz  
                                       Alberto Lago Alonso
   


  
ANO INTERNACIONAL DA ASTRONOMÍA - 2009 
  
 


12ª EDICION DO PROGRAMA DE EXTENSION CULTURAL DE ASTRONOMIA (PECAS). CURSO 2008-09                               

                       DIRECTOR   : Prof. José Angel Docobo Durantez                          

                       PROFESORES  :   María Brea Mato                                      

                                       Pedro Pablo Campo Díaz  
                                       Andrea Rodríguez Lalín                                     

  


SEMANA DA CIENCIA 2008


 

 
  
11ª EDICION DO PROGRAMA DE EXTENSION CULTURAL DE ASTRONOMIA (PECAS). CURSO 2007-08                        

                       DIRECTOR   : Prof. José Angel Docobo Durantez                          

                       PROFESORES  :   María Brea Mato                                      

                                       Pedro Pablo Campo Díaz                                      

              


  
SEMANA DA CIENCIA 2007

  
 
 
  
10ª EDICION DO PROGRAMA DE EXTENSION CULTURAL DE ASTRONOMIA (PECAS). CURSO 2006-07
    
                         DIRECTOR   : Prof. José Angel Docobo Durantez
                           PROFESORES  : Alberto Lago Alonso
                                         José Manuel Noya Conde
                                         María Brea Mato
  


  
9ª EDICION DO PROGRAMA DE EXTENSION CULTURAL DE ASTRONOMIA (PECAS). CURSO 2005-06
       
                         DIRECTOR   : Prof. José Angel Docobo Durantez
                           PROFESORES  : Laura Arrojo Reguera
                                         José Manuel Noya Conde
                                         María Brea Mato
  


  
SEMANA DA CIENCIA 2005 
  
   
  
8ª EDICION DO PROGRAMA DE EXTENSION CULTURAL DE ASTRONOMIA (PECAS). CURSO 2004-05
       
                         DIRECTOR   : Prof. José Angel Docobo Durantez
                           PROFESORES  : Pedro Pablo Campo Díaz
                                         José Ramón González Romay
                                         Laura Arrojo Reguera
                                         José Manuel Noya Conde
  
   
  
7ª EDICION DO PROGRAMA DE EXTENSION CULTURAL DE ASTRONOMIA (PECAS). CURSO 2003-04
       
                         DIRECTOR   : Prof. José Angel Docobo Durantez
                           PROFESORES  : Javier Bao Cebeiro
                                         Leandra Francisco Castro
                                         Pedro Pablo Campo Díaz
  
   
     
  
  
XORNADAS PUBLICAS DE OBSERVACION DO PLANETA MARTE (2003) 
  
               Con motivo da aproximación histórica do planeta Marte a Terra,
               o Observatorio Astronómico R.M.Aller organiza tres sesións públicas de
               observación dende as 12 da noite ata as 2 da madrugada nas noites dos días: 22-23,
               26-27 e 27-28 de agosto.
  
               No caso de que as condicións meteorolóxicas non foran favorables, habilitaríase
               outra noite a comenzos de setembro.
  
  
               
               DIRECTOR:  Prof. José Angel Docobo Durantez
               Monitores: Prof. Vakhtang Tamazian 
                         José Ramón González Romay
                         Javier Bao Cebeiro
                         Pedro Pablo Campo Díaz
  
                 AVISO: AS PROXIMAS SESIONS PUBLICAS DE OBSERVACION DO PLANETA MARTE SERAN 
                       DE 12 A 2 DA MADRUGADA DOS DIAS:
                                       
                                       DOMINGO (31 DE AGOSTO) A LUNS (1 DE SETEMBRO)
                                       LUNS (1 DE SETEMBRO) A MARTES (2 DE SETEMBRO)  
  
   
  
CURSO DE ASTRONOMIA: SANXENXO MAS CERCA DE MARTE (2003)  
  
               Lugar de Celebración: Sanxenxo do 4-9 de Agosto.
               Organización: Concello de Sanxenxo, Universidade de Santiago de Compostela e Optica Val
               
  
               DIRECTOR:  Prof. José Angel Docobo Durantez
               Monitores: José Ramón González Romay
                          Javier Bao Cebeiro
                          Pedro Pablo Campo Díaz
  
   
  
PROGRAMA BOAS NOITES 2003 
  
  
               En colaboración co Concello de Santiago de Compostela.
               Recepción de visitas e observacións astronómicas. Entrada libre.
  
               Días : 7 e 21 de marzo
                 Hora : de 22:30 a 00:30 
  
                                      
               DIRECTOR:  Prof. José Angel Docobo Durantez
               MONITORES : José Ramón González Romay
                           Javier Bao Cebeiro
                           Leandra Francisco Castro
                           Pedro Pablo Campo Díaz
                       
   
  
6ª EDICION DO PROGRAMA DE EXTENSION CULTURAL DE ASTRONOMIA (PECAS). CURSO 2002-03
       
               DIRECTOR   : Prof. José Angel Docobo Durantez
               PROFESORES : José Ramón González Romay
                            Javier Bao Cebeiro
                            Leandra Francisco Castro
                            Pedro Pablo Campo Díaz