Concepción González Bello

Tel.: 
+34 8818 15726
Email: 
concepcion.gonzalez.bello [at] usc.es
Departamento: 
Química Orgánica
Grupo de investigación: 
Catedrática

Concepción González-Bello, nacida en Vigo (Pontevedra, España) e premio extraordinario de licenciatura en Química pola Universidade de Santiago de Compostela (USC, 1989), doctorouse en Química pola USC en 1994 baixo a dirección dos Profres. Enrique Guitián e Luis Castedo. Durante o desenvolvemento da súa tese de doutoramento, realizou dúas estancias predoctorais, unha na Universidade de Gante (Gante, Bélgica, 1991) no grupo do Prof. M. Vandewalle e a continuación no Scripps Research Institute (La Jolla, USA, 1992) baixo a dirección do Prof. K. C. Nicolaou.

Finalizada a súa tese de doutoramento trasladouse ó Departamento de Química da Universidade de Cambridge (Cambridge, UK) para realizar, como bolseiro da Comunidade Económica Europea, os seus estudios posdoctorais baixo a dirección do Prof. Chris Abell (1994-96). A finais do 1996 incorporouse á USC como Profesora Asociada. Dende o 2003 é Profesora Titular de Universidade e en 2011 acadou a acreditación nacional a Catedrático. É membro do comité asesor internacional das revistas Advanced Therapeutics (2018-), ACS Omega (2021-) e ChemMedChem (2010-2020), e un dos editores académicos da revista PLOS ONE (2015-). Dende Maio 2019, é unha das xestoras da Axencia Estatal de Investigación (AEI), dentro da subárea Ciencia e Tecnoloxías Químicas.

A súa principal área de interese é o desenvolvemento de novas terapias para o tratamento das infeccións causadas polos patóxenos resistentes a múltiples fármacos involucrados nos sistemas asociados á atención médica, xa sexa desactivando obxectivos inexplorados ou os sistemas de comunicación célula-célula, ou bloqueando a sofisticada maquinaria bacteriana para causar resistencia aos antibióticos. É experta no deseño de compostos baseado na estrutura, no movemento e o mecanismo de acción, así como en estudos de simulación de biomacromoléculas para comprender a plasticidade das proteínas, os movementos en proteínas multi-dominios controlados por interaccións de longo alcance, así como a interacción de ligandos. Tamén está interesada na cristalografía de raios-X de complexos enzima-inhibidor.