10 de novembro, XIX Xornadas Técnicas de Vacún de Leite de Seragro, Lugo
Read moreConferencia de Edelmiro López sobre as implicacións da nova PAC no sector lácteo

10 de novembro, XIX Xornadas Técnicas de Vacún de Leite de Seragro, Lugo
Read moreEdelmiro López (USC) e Jorge Piñeiro (FOGGA) participan neste workshop o 22 de xuño en Lugo no marco do Congreso Internacional da Extensión Rural Europea
Read moreA guerra na Ucraína provocou unha importante suba de prezos nos insumos das explotacións gandeiras, nomeadamente naquelas con sistemas produtivos máis intensivos.
Para abordar esta problemática, o venres 25 de marzo terá lugar a mesa redonda ‘Como afrontar nas granxas de leite a alza dos prezos dos insumos? Consecuencias da guerra en Ucraína’. Na mesma participarán Gonzalo Flores, xefe do departamento de pastos e cultivos do CIAM; Rubén García, responsábel de xestión técnico-económica de Os Irmandiños SCG; Iann Pouliquen, xerente de Xestión Agrogandeira e Natureza SL; e a equipa técnica da Cooperativa Agraria Provincial da Coruña.
Read moreVolven os Encontros de Lúa Chea á Escola Politécnica Superior de Enxeñaría de Lugo, comezando este 2022 con dous debates que terán como eixo central o uso da lingua galega por parte de proxectos empresariais innovadores. Nos encontros participarán os responsables de 6 iniciativas asentadas no rural galego que consideran o galego un elemento central na construción da súa imaxe de marca, que compartirán as experiencias das súas propias empresas. Trátase ademais de iniciativas marcadas polo seu carácter innovador e por dinamizar economicamente a súa contorna.
Read moreNace o Grupo Operativo Gayas: Comida de orixe desde a aldea á casa, do que fai parte o grupo de investigación Ecoagrasoc. Gayas está formado por 7 entidades supra-autonómicas de Galicia e Asturias. Trátase dun proxecto innovador que ten o propósito de impulsar os canais curtos de comercialización de alimentos na montaña de Lugo e no suroccidente asturiano.
Read moreA investigadora de Ecoagrasoc Mar Pérez Fra participa o próximo 7 de outubro no Congreso de Ciencias Agronómicas, na cidade mexicana de Chapingo, onde presentará a súa comunicación “La política de desarrollo rural en España“. A súa intervención terá lugar ás 17:45 (hora galega), concretamente no marco do simposio “Medio ambiente y desarrollo rural”.
Read moreA Asociación española de Economía Agroalimentaria (AEEA) organiza un ciclo de 5 webminars dedicados á PAC e os retos do Pacto Verde. A investigadora de Ecoagrasoc Ana Isabel García Arias coordina o webminar do 7 de outubro, Relevo xeracional: Instalación de mozos e novos agricultores, ao que se pode asistir a través da plataforma Zoom.
Read moreA investigadora de ECOAGRASOC Mar Pérez Fra participa nas xornadas ‘O que non arde’, que teñen lugar os días 17 e 18 de setembro en Vilela (Navia de Suarna, comarca dos Ancares). O evento contará con varios relatorios e mesas redondas, onde participarán numerosos especialistas e axentes do sector.
Read more“Como sucede en calquera país ou rexión europea, para comprender o devir demográfico de Galicia no último medio século resulta imprescindible polo en relación coas transformacións socioeconómicas que esta experimentou. Como é sabido, a dinámica demográfica é ao mesmo tempo condicionante e resultado da evolución socioeconómica; pero, no seo desta complexa interacción establecida entre unha e outra, entendemos que os factores socioeconómicos xogan un papel principal”. Así comeza o capítulo ‘El devenir demográfico de Galicia a la luz de sus recientes transformaciones socioeconómicas’, de Edelmiro López Iglesias e Raul Rios, no que se realiza unha aproximación ás tendencias demográficas de Galicia desde mediados do século XX, contextualizándoas no marco das transformacións socioeconómicas que o país viviu ao longo desta etapa.
Read moreOs próximos días 26 e 27 de novembro terá lugar en Santiago de Compostela o seminario internacional ‘Bens e usos comunais en territorios atlánticos, ss. XV-XXI: Novas olladas ao pasado, novas propostas para o futuro’. Este encontro está organizado por Pegerto Saavedra e Hortensio Sobrado, coa colaboración do grupo de investigación Histagra, no marco do proxecto de investigación ‘El monte comunal en Galicia desde comienzos de la Edad Moderna a la actualidad: de soporte de un “viejo complejo agrario” a recurso medioambiental y patrimonio paisajístico’, financiado polo Ministerio de Ciencia e Innovación e no que participa activamente Ecoagrasoc. Read more