Skip to main content

Latest news

Na procura de emprendemento innovador no sector mariño-marítimo

As persoas interesadas en tomar parte nesta convocatoria ao abeiro do proxecto Sherpa do Mar, poden enviar as súas propostas ata o 15 de setembro a través dun formulario en liña. Unha vez elixidos, arrancará a fase de valoración, na que se porá a disposición dos participantes, medidas de apoio ao emprendemento

Read more

Investigan o impacto da COVID-19 no Camiño de Santiago

O influxo da crise sanitaria na capacidade de carga turística do Camiño Francés, así como no perfil do peregrino, son dous dos estudos que a USC impulsa ao abeiro da súa Cátedra institucional do Camiño de Santiago e das Peregrinacións, no marco da cal tamén se creará a base de datos de recursos académicos, científicos e didácticos ‘Rede Xacobea’

Read more

Fondo pesar na USC polo pasamento do profesor José Luis Gómez Amoza

O catedrático era director do Departamento de Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica. Licenciado en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela, Gómez Amoza iniciou a súa carreira investigadora en 1982. Ao ano seguinte, comezou a súa carreira docente como profesor axudante de clases prácticas no mesmo departamento do que logo sería director, continuando como profesor colaborador (1986-1987), profesor titular (1987), ata que finalmente foi nomeado catedrático en 2012.

Read more