Skip to main content

Latest news

Unha Universidade en condicións de máxima seguridade

O Grupo de Traballo para a Seguridade Sanitaria reuniuse este xoves coa intención de definir como será a actividade da USC no contexto presencial da nova normalidade, pero tamén no caso de ter que adaptarse a circunstancias de semi confinamento ou de confinamento total

Read more

D3Mobile senta cátedra durante o confinamento

O campionato científico internacional de modelado 3D promovido polo grupo Cigeo da EPS de Enxeñaría do Campus de Lugo sortea a pandemia da COVID-19 con récord de participantes finalistas e co recoñecemento explícito da Universidade de Florencia cara ao seu modelo educativo, que cualifica de “perfecto”

Read more

Científicos alertan do futuro declive da diversidade tropical

O artigo no que toma parte o profesor da USC Andrés Baselga empregou rexistros fósiles para reconstruír patróns do pasado e realizar proxeccións futuras sobre a biodiversidade mariña global se continúa o actual escenario de emisións de CO2. Acaba de ser publicado en 'Proceedings of the National Academy of Sciences of the United States of America'

Read more

Feromonas, o potencial comercial da comunicación química

Alumnos e investigadores do Campus de Lugo impulsan ao abeiro do programa Argos un proxecto empresarial innovador centrado na comercialización de feromonas para mellorar o grao de benestar dos animais e tamén optimizar a súas producións. Argos é unha iniciativa conxunta da área de Valorización, Transferencia e Emprendemento (AVTE) da USC

Read more

Sensibilización medioambiental desde a Serra do Xistral

Investigadores da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus de Lugo da USC implicados no proxecto Life in Common Land dan conta da biodiversidade da Serra do Xistral e alertan dos perigos que ameazan as principais especies de flora e fauna a través dunha ‘baralla’ plurilingüe e con rigor científico dirixida a todos os públicos

Read more