Skip to main content

Idealugo premia dous proxectos que amosan o talento do Campus Terra da USC

Idealugo premia dos proyectos que muestran el talento del Campus Terra de la USC
Idealugo premia dos proyectos que muestran el talento del Campus Terra de la USC
A spin off da Facultade de Veterinaria Eicpar, proxecto de control biolóxico de parásitos, gañou a terceira edición dos Premios Idealugo á innovación e o emprendemento, convocados pola Universidade...
Lugo

A spin off da Facultade de Veterinaria Eicpar, proxecto de control biolóxico de parásitos, gañou a terceira edición dos Premios Idealugo á innovación e o emprendemento, convocados pola Universidade de Santiago de Compostela, o diario El Progreso e Abanca.

 

O xurado, que está integrado pola vicerreitora de Servizos Universitarios do campus de Lugo, Carme Silva; o director territorial de Abanca, Wálter Álvarez; e a adxunta á presidencia do Progreso, Branca de Cora García-Montenegro, tamén concedeu un accésit ao proxecto Smartwood, unha aplicación que ofrece solucións para a posta en valor de parcelas forestais.

 

A vicerreitora de Servizos do campus lucense fixo fincapé en que os Premios Idealugo son "unha mostra de colaboración interinstitucional" e que supoñen "un reforzo máis" para aqueles emprendedores que "están dispostos a imaxinar un negocio de base tecnolóxica".

 

Ademais da dotación económica –3.000 euros para o gañador e 1.000 para o accésit–, os premios inclúen titorización da viabilidade da empresa, asesoramento financeiro e oferta personalizada e en condicións especiais de produtos e servizos financeiros, a cargo de Abanca, e aloxamento gratuíto no viveiro de empresas da Fundación CEL-Iniciativas por Lugo.

The contents of this page were updated on 02.25.2022.