Skip to main content

O Consello de Goberno da USC aproba o convenio coa Deputación de Lugo para construír a granxa experimental do Campus Terra

El Consejo de Goberno de la USC aprueba el convenio con la Deputación de Lugo para construír la granja experimental del Campus Terra
El Consejo de Goberno de la USC aprueba el convenio con la Deputación de Lugo para construír la granja experimental del Campus Terra
O Consello de Goberno da USC aprobou este martes o convenio coa Deputación Provincial de Lugo para a construción da granxa experimental do Campus Terra nos terreos de que dispón o organismo...
Lugo

O Consello de Goberno da USC aprobou este martes o convenio coa Deputación Provincial de Lugo para a construción da granxa experimental do Campus Terra nos terreos de que dispón o organismo provincial no municipio de Castro de Rei. A edificación e posta en marcha desta nova infraestrutura, apta para usos docentes e de I+D+i por parte da USC e cuxo proxecto se atopa na actualidade en fase de exposición pública trala súa aprobación por parte do organismo provincial, require unha inversión de máis de 1,3 millóns de euros, contía achegada integramente pola Deputación de Lugo.

 

A futura granxa experimental do Campus Terra constará dunha nave principal que acollerá o gando vacún para  a  produción de  leite  e  recría da  Granxa  Gayoso  Castro,  un  edificio  de  prácticas  cunha aula e un laboratorio, unha nave de maquinaria, silos de forraxe e unha fosa de xurro. A  granxa  está  rodeada  por  distintas  parcelas  cunha  superficie  total  de arredor  de  30  hectáreas.

 

A nova instalación, que se agarda que esté operativa e entre en funcionamento en 2018, pretende ser un referente en canto á súa xestión e á formación de profesionais en condicións reais. A granxa experimental do Campus Terra da USC actuará tamén como laboratorio para probar novas técnicas e tecnoloxías, así como centro de transferencia de resultados ao sector agro-gandeiro en xeral e aos produtores da contorna, en especial.

 

A granxa experimental cubrirá unha parte importante das prácticas da Facultade de Veterinaria e da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus Terra. Daquela, alumnos e docentes poderán realizar nestas instalación prácticas de diferentes materias das titulacións de Veterinaria, Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria, Máster en Enxeñaría Agronómica e Máster en Produción de Leite. As instalacións da Granxa Experimental do Campus Terra permitirán abordar a docencia cun enfoque máis profesional e práctico, en aspectos importantes como manexo sanitario, podoloxía, alimentación, benestar, calidade do leite, tecnoloxías da produción e reprodución animal ou a mecanización agraria entre outras.

 

A nova granxa experimental presenta tamén múltiples oportunidades no eido da investigación, en especial as relativas á gandaría de precisión (smart farming) e a sistemas de produción baixos en insumos como é o pastoreo. A granxa permitirá probar novas técnicas, tecnoloxías e diferentes materiais en condicións controladas e reverter os resultados dos ensaios ao sector produtivo, aproveitándose dos coñecementos e da experiencia acumulada. Entre as posibles actividades investigadoras a desenvolver estarán as relacionadas con sistemas de manexo e recría do gando, sistemas e equipos de muxidura, agricultura e gandería intelixente, sistemas de rega, alimentación e reprodución animal, manexo de pastos e forraxes, mecanización agraria… A posterior transferencia de coñecemento realizaríase mediante a programación dunha serie de actividades orientadas a formar e informar ao sector produtivo.

 

The contents of this page were updated on 02.25.2022.