Pasar al contenido principal

Xornadas Cultura Laboral en Investigación

  • 2022/2023

Alumnado obxectivo: Estudantes da EDIUS Información xeral As xornadas J-CLI terán lugar o próximo mes de outubro de 2022 en tres sedes distintas: Santiago de Compostela, Valencia e Madrid. Ofrécese un formato híbrido, coa posibilidade de asistir presencialmente ás actividades de cada sede, así como seguir as sesións telemáticamente vía streaming. As actividades da sede de Santiago de Compostela ofrécense como actividade formativa transversal do programa de doutoramento. Para obter a certificación correspondente é necesario asistir de maneira presencial. Obxectivos: O principal obxectivo das xornadas J-CLI é formar un foro social crítico para dar a coñecer os aspectos laborais e os dereitos do sector de ciencia e investigación, así como favorecer a concienciación colectiva e ofrecer unha canle de difusión e interacción dos distintos colectivos, asociacións e plataformas que representan ao persoal da investigación. Ao longo de diversos relatorios e paneis de debate falaremos da lexislación laboral que afecta directamente á investigación e á carreira investigadora, do sistema de ciencia español, de igualdade no noso sector, de divulgación científica e de saúde mental. Todos eles temas de moita relevancia para o persoal de todo os chanzos da carreira investigadora.