Alumnado obxectivo: Estudantes da EDIUS Información xeral As xornadas J-CLI terán lugar o próximo mes de outubro de 2022 en tres sedes distintas: Santiago de Compostela, Valencia e Madrid. Ofrécese un formato híbrido, coa posibilidade de asistir presencialmente ás actividades de cada sede, así como seguir as sesións telemáticamente vía streaming. As actividades da sede de Santiago de Compostela ofrécense como actividade formativa transversal do programa de doutoramento. Para obter a certificación correspondente é necesario asistir de maneira presencial. Obxectivos: O principal obxectivo das xornadas J-CLI é formar un foro social crítico para dar a coñecer os aspectos laborais e os dereitos do sector de ciencia e investigación, así como favorecer a concienciación colectiva e ofrecer unha canle de difusión e interacción dos distintos colectivos, asociacións e plataformas que representan ao persoal da investigación. Ao longo de diversos relatorios e paneis de debate falaremos da lexislación laboral que afecta directamente á investigación e á carreira investigadora, do sistema de ciencia español, de igualdade no noso sector, de divulgación científica e de saúde mental. Todos eles temas de moita relevancia para o persoal de todo os chanzos da carreira investigadora.
Localización
Santiago
Modalidade
Presencial
Duración
Horas presenciais: 9
Total: 9
Matrícula na actividade
23/09/2022 - 07/10/2022
Desenvolvemento da actividade
13/10/2022 - 14/10/2022
Grupo | Lugar | Datas | Horario |
---|---|---|---|
Xornadas Cultura Laboral en Investigación | Aula de formación da EDIUS, Edificio CEA, Parque de Vista Alegre | 13 e 14 de outubro de 2022 | xoves 13 de 10:00 a 13:00h e de 16:00 a 19:00, e o venres 14 de 10:00 a 13:00h |
- Xoves 13 de outubro (mañá)
- 09:30 Benvida da organización
- 10:00 Seminario Como entender a nosa nómina por María Ferreiro (AIC, USC)
- 10:30 Seminario Dereitos na investigación para dummies por Álvaro Ordóñez (AIC, USC)
- 11:30 Pausa do café
- 12:00 Seminario convidado Posdoc, permadoc ou precadoc: que hai despois do doutoramento? a cargo de Francisco Palazón (Federación de Jóvenes Investigadores, UM)
- 13:00 Peche da xornada
- Xoves 13 de outubro (tarde)
- 16:00 Seminario convidado Pódese salvar a nosa Ciencia? Algunhas claves a cargo de Moisés Canle (UDC)
- 17:00 Pausa do café
- 17:30 Panel de debate Dereitos Laborais
- Participan: Daniel Cao (AIC), José Manuel Pérez (FPU-Investiga), Elena García (TECOPIS), Suso Bermello (CIG), Justo Arines (CCOO)
- Modera: Elena Lendoiro (InvestiGal).
- 19:00 Peche da xornada
- Venres 14 de outubro
- 10:00 Panel de debate Igualdad
- Participan: Vanessa Valdiglesias (CICA-UDC), María De la Fuente (IDIS-SERGAS), Joana Magalhães (AMIT), Águeda Gómez (UVigo), Jorge Labora (USC)
- Modera: Elena Lendoiro (InvestiGal)
- 11:30 Pausa
- 12:00 Seminario invitado Salud mental en investigación a cargo de Susana Rodríguez Martínez (UDC)
- 13:00 Peche das xornadas
- María Ferreiro (AIC, USC)
- Álvaro Ordóñez (AIC, USC)
- Francisco Palazón (Federación de Jóvenes Investigadores, UM)
- Moisés Canle (UDC)
- Daniel Cao (AIC), José Manuel Pérez (FPU-Investiga), Elena García (TECOPIS), Suso Bermello (CIG), Justo Arines (CCOO), Elena Lendoiro (InvestiGal).
- Vanessa Valdiglesias (UDC), María De la Fuente (FIDIS), Joana Magalhães (AMIT), Águeda Gómez (UVigo), Jorge Labora (USC), Elena Lendoiro (InvestiGal)
- Seminario invitado Salud mental en investigación a cargo de Susana Rodríguez Martínez (UDC)