Alfonso X el Sabio: cronista y protagonista de su tiempo

Elvira Fidalgo Francisco (coord.)

Alfonso X naceu en Toledo o 23 de novembro de 1221. O seu pai, o rei Fernando, encargouse de ofrecerlle unha educación esmerada e dotou ao novo infante don Alfonso dunha corte propia xa a unha idade moi temperá, con rendas suficientes como para crear e manter a súa propia curia, e confioulle o goberno da retagarda do reino. O estudo e o contacto con diversos especialistas nos variados campos do saber axudarían ao príncipe e novel rei a adquirir a extraordinaria sensibilidade artística e a madurez intelectual que se puxo de manifesto en todas as súas empresas culturais. Serán esas calidades coas que levou a cabo a revolución cultural no seu reino as que lle outorgarían o cualificativo do Sabio.