De amor y de burlas. Antología de la poesía medieval gallego-portuguesa

Elvira Fidalgo Francisco

Esta antoloxía ofrece  unha escolma de textos poéticos producidos nas cortes castelás e portuguesas antes do século XV, momento no que se adopta o castelán como lingua de transmisión habitual da poesía. As cantigas acompáñanse dunha tradución ao castelán e un comentario que permite aprehender a riqueza do texto e do contexto no que foi xerado.