Analízase o proceso polo que o personaxe de Morgana é reinterpretado polos ciclos en prosa franceses do século XIII. Constátase que o proceso de racionalización, que converte a fada dos textos do século XII nunha estudiosa das sete artes liberais e experta en nigromancia, vese acompañado por outra evolución paralela, que a desvincula da illa de Avalón. En consecuencia, o personaxe, interpretado de maneira cada vez máis negativa, situarase nos textos máis tardíos ao fondo dos bosques, na periferia do reino de Arturo, en tanto que é expulsada da corte e convértese nunha excluída da sociedade pola súa condición subversiva. Á súa vez, o oco que deixa Morgana en Avalón termina por ocupalo unha nova personaxe, a raíña de Avalón, que os ciclos en prosa describen como compañeira de Morgana e ás veces como a súa rival.
Artigo
Revista: Cultura Neolatina
Ano: 2001
Volume: 61
Número: 3-4
Páxinas: 301 - 318