La gestación de Las Cantigas de Santa Maria en el contexto de la escuela poética gallego-portuguesa

Elvira Fidalgo Francisco

Como é notorio, a corte de Alfonso X foi un dos centros culturais máis vivos do século XIII na Europa occidental como o demostran as importantísimas empresas literarias que se acometeron baixo a súa supervisión. Un dos proxectos máis orixinais é o das Cantigas de Santa María, que o rei asumiu en primeira persoa para, aparentemente, renunciar á composición doutras manifestacións poéticas. Neste traballo preténdese dar unha explicación dos motivos que impulsaron ó Sabio para acometer a redacción dunha colección de milagres marianos en galego e como o programa inicial foise desenvolvendo e evolucionando no tempo, influído tanto por cuestións de orde meramente literaria (chegada de trobadores occitanos á súa corte) como por circunstancias que tiñan máis que ver cos seus asuntos de goberno (rebelión dos nobres) ou persoais (enfermidades). Ofrécense detalles que permiten comprender en que ambiente literario se xestáron as CSM, así como os pasos consecutivos que talvez se deron no seu scriptorium ata chegar ós códices ricamente iluminados que hoxe as preservan e as razóns de tal empeño persoal.