Dr. Francisco Fernández Rei

Catedrático de Universidade

Grupo Investigación: GI-1743 FILGA (Filoloxía e Lingüística galega)

Despacho: 204

Teléfono: +34 8818 11828 (ext.) / 12811 –ILG– (ext.)

E-mail: ilgpaco.rei@usc.es

Ligazóns: Instituto da Lingua Galega | Real Academia Galega

 

Catedrático de Filoloxía Románica na Universidade de Santiago de Compostela, na que se doctorou en 1979 cunha tese sobre o verbo galego. Foi Director do Departamento de Filoloxía Galega e dirixe os Cursos de lingua e cultura galegas para estranxeiros e españois de fóra de Galicia organizados pola RAG, o ILG e a SXPL da Xunta de Galicia.

 

Foi profesor Visitante na Universidade de California (Santa Barbara) e impartiu conferencias e seminarios en universidades europeas e americanas; participou con relatorios sobre problemas da lingua galega en xornadas e congresos internacionais.Investigador do Instituto da Lingua Galega desde 1974, forma parte do equipo redactor do Atlas Lingüístico Galego e dirixe o Arquivo do Galego Oral.

 

É membro numerario da Real Academia Galega (1999), do Padroado da Fundación Sotelo Blanco e do Padroado do Museo do Pobo Galego, e conselleiro de honra do Consello d’a Fabla Aragonesa. Foi membro do Plenario do Consello da Cultura Galega e un dos fundadores de Escola Aberta e da Asociación de Tradutores Galegos, así como de Redes Escarlata  e de ProLingua, plataforma apartidaria a prol da defensa e promoción do galego. Desde a súa aparición (1990), é cosecretario de A Trabe de Ouro, e membro do comité científico de diversas publicacións lingüísticas.