Lic. Tania Vázquez García

Investigadora en Formación e Perfeccionamento

Grupo Investigación: GI-1350 Románicas (Filoloxía, Literatura medieval)

E-mail: tania.vazquez.garcia@edu.xunta.gal

Ligazóns: CV | ORCID | Academia.edu | ResearchGate

Voces de mulleres na Idade Media

 

Tania Vázquez García é graduada en Linguas e Literaturas Modernas, no itinerario de Filoloxía Románica, coa mención de Premio Extraordinario polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte. Contou cunha bolsa de colaboración do MECD no Departamento de Filoloxía Galega (Área de Filoloxía Románica) no curso 2014-2015, así como coa bolsa Jae Intro no IEGPS (CSIC) ao ano seguinte. Foi membro do proxecto Prosa Literaria Galega Medieval do CRPIH e continúa a súa formación investigadora no ámbito da literatura medieval en linguas vernáculas, prestando especial atención ás trobairitz occitanas e á representación da muller nas cantigas de escarnio galego-portuguesas. Participou con comunicacións en varios congresos internacionais e algúns dos seus traballos xa foron publicados e están incluídos dentro do Proxecto Voces de mulleres na Idade Media: realidade e ficción (séculos XII-XIV) (FFI2014-55628-P), dirixido pola Dra. Esther Corral Díaz. Na actualidade, é profesora de ensino secundario da especialidade de Lingua Galega e Literatura.