
Grao en Linguas e literaturas modernas (Filoloxía Románica)
Itinerario en Filoloxía Románica (Maior)
O itinerario en Filoloxía Románica é unha das posibilidades de maior que contempla o Grao en Linguas e Literaturas Modernas da USC.
O itinerario ten por obxecto formar graduados que dominen coñecementos, métodos científicos e recursos de análise para o estudo avanzado lingüístico e literario do bloque románico no seu conxunto e das literaturas e culturas correspondentes.
Para obter o título de Grao en Linguas e Literaturas Modernas. Con mención en Filoloxía Románica pola USC, o alumnado debe cursar, ao longo de catro anos, 240 ECTS:
60 ECTS do módulo de formación básica –común aos restantes graos–
+
120 ECTS de materias obrigatorias do Maior en Filoloxía Románica
+
A) Modalidade Minor (48 ECTS optativos):
A escoller un dos seguintes Minores:
–Minor en Estudos Lusófonos (48 ECTS)
–Minor en Lingua e Literatura Españolas (48 ECTS)
–Minor en Lingua e Literatura Francesas (48 ECTS)
–Minor en Lingua e Literaturas Galegas (48 ECTS)
–Minor en Lingua e Literaturas Italianas (48 ECTS)
B) Modalidade Mixta (24 ECTS + 24 ECTS, todos eles optativos):
B.1) A escoller dous dos seguintes módulos complementarios:
–Estudos Lusófonos I (24 ECTS)
–Introdución á Lingua e Literaturas Galegas (24 ECTS)
–Lingua e Literatura Españolas I (24 ECTS)
–Lingua e Literatura Francesas I (24 ECTS)
–Lingua e Literatura Italianas I (24 ECTS)
B.2) A escoller un dos anteriores módulos complementarios e un dos seguintes módulos optativos específicos:
–Catalán. Lingua, Cultura e Literatura (24 ECTS)
–Lingua e literatura Occitanas (24 ECTS)
–Lingua e literatura Romanesas (24 ECTS)
+
12 ECTS obrigatorios do Traballo de fin de grao (TFG)
Do mesmo xeito que os restantes itinerarios do grao, o Maior en Filoloxía Románica está formado por 20 materias de 6 ECTS que se agrupan en cinco módulos:
-
Introdución á Filoloxía Románica
-
Actualidade da Filoloxía Románica
-
Lingüística románica
-
Literatura románica medieval
-
Codicoloxía e crítica textual románicas
Para obter a mención de Maior en Filoloxía Románica o alumnado deberá completar os seguintes 120 ECTS de materias obrigatorias:
PRIMER SEMESTRE |
SEGUNDO SEMESTRE |
|
---|---|---|
1º | ||
2º | ||
Nuevas tecnologías en los estudios lingüísticos y literarios románicos |
||
Mitos de la literatura románica medieval en la cultura contemporánea |
||
3º | ||
4º | ||