Tese doutoral de Sara Illodo

04/10/2024

Sara Illodo defendeu hoxe con éxito en Santiago a súa tese doutoral, realizada no marco do Programa de Doutoramento de Ciencia e Tecnoloxía Química da USC. O traballo, titulado "Study of biomolecular self-assembly and host-guest association using spectroscopic and microscopic techniques" realizouse baixo a dirección de Flor Rodríguez Prieto e Mercedes Novo Rodríguez. Parabéns, Sara!