Ir o contido principal

As CAPDs

A Comisión Académica do Programa de Doutoramento (CAPD)

A CAPD é o órgano responsable da supervisión académica do programa de doutoramento, encargándose do deseño, implantación, actualización, organización, coordinación e garantía da calidade do programa, así como da supervisión do progreso investigador da persoa doutoranda e da autorización do depósito e defensa da súa tese.

Principais funcións da CAPD 

Desde o proceso de presentación da túa tese de doutoramento pola SVA ata a súa defensa, as funcións principais e responsabilidade da CAPD son:

  1. Aprobación do Plan de Investigación e de Formación (PIF).
  2. Aprobación do idioma da tese.
  3. Verificación de que a tese e documentación asociada cumpre a normativa.
  4. Revisión das contribucións científicas incluídas na tese de doutoramento.
  5. Validacións das mencións específicas da tese, de ter sido solicitadas.
  6. Verificación da garantía de integridade, legalidade e calidade.
  7. Autorización da solicitude de defensa da tese.

Funcións adicionais da CAPD 

Para a Mención de Doutoramento Internacional

  • Autorización previa das estadías
  • Validación das estadías
  • Supervisión do idioma da tese
  • Xestión dos informes da tese ás persoas expertas internacionais e a súa revisión

Para a Mención de Doutoramento Industrial

  • Visar a memoria inicial do proxecto de investigación industrial
  • Validar o convenio coa entidade colaboradora
  • Supervisar os requisitos formais

Para Teses en Réxime de Cotutela

  • Aprobar a cotutela coa(s) universidade(s) estranxeira(s)
  • Validar o convenio de cotutela
  • Asegurar o comprimento da normativa (e.g., estadías, etc)

Para a autorización e defensa da tese

  • Supervisar o cumprimento dos prazos
  • Emitir informe sobre a tese
  • Propoñer os membros do tribunal avaliador da tese
  • Supervisar os requisitos para a tramitación da defensa