Competencias e Habilidades
Seminario orientado á investigación donde os alumnos que teñan coñecementos previos de investigación cualitativa aprenderán a desenvolvelos en software de análisis creado a tal fin e con idea de facilitar o proceso de análise en investigación. Nel daranse a coñecer as funcións principais de ATLAS.ti , na versión de escritorio e a versión online, ademais dun sistema de análise de datos guiado por un modelo que pon énfasis na descrición do punto de vista do participante, a xeración de relacións entre as unidades de datos, e el proceso de interpretación. A metodoloxía docente combina a explicación de conceptos, a descrición das ferramentas e procesos de traballo con ATLAS.ti e o traballo práctico. Proporcionarase un conxunto de documentos de traballo preparados para o seminario.
Contidos
1. Introdución a ATLAS.ti
2. Repaso das bases principais de ATLAS.ti
a. A interface de ATLAS.ti: pestanas e navegador do proxecto
b. Os documentos (arquivos de texto, imaxe, vídeo, audio, transcricións, artigos, datos de redes sociais e datos xeográficos)
c. Primeiros ciclos de codificación: codificación aberta, en vivo, por lista e auto-codificación
d. Reflexionando sobre a análise: escribindo e asociando os memos (diario de investigación, memos metodolóxicos, memos analíticos)
e. O administrador de documentos: como describir e organizar os documentos
f. Agrupación das entidades: o papel dos grupos en ATLAS.ti
g. Importación de datos de enquisa con preguntas abertas: a estrutura da folla de Excel (símbolos e formato, casos complexos)
h. Exercicio 1
3. Codificación e categorización
a. Diferencias e similitudes entre códigos e categorías
b. Ciclo de recodificación: agrupacións e elaboracións de posibles categorías
c. O administrador de códigos: como describir e organizar os códigos
d. A fusión e división de códigos
e. Auto-codificación: expresións de busca
f. Definicións operacionais dos códigos
g. Os administradores de grupos: como describir e organizar os grupos
h. Memos conceptuais
i. Exercicio 2: Definir e organizar os códigos
4. Elaboración das relacións entre os conceptos e datos
a. As redes semánticas complexas
b. O administrador de vínculos: como editar e crear novos vínculos
c. Importando os veciños dos códigos nunha rede (citas, memos, grupos, documentos, etc.)
d. Análise do discurso: hipervínculos avanzados
e. Exportando a rede en diferentes formatos
f. Exercicio 3: Creación dunha rede semántica complexa
5. Xeración de resultados
a. Recuperacións sinxelas e avanzadas: creando varios tipos de reportes
b. Análise de contido avanzado: nube e lista de palabras (listas de exclusión)
c. Táboa de co-ocorrencia: interpretación dos códigos co-ocorrentes e revisión focalizada
d. Ferramenta de consulta: como formular as súas preguntas de investigación (a través dos operadores booleáns, semánticos e de proximidade)
e. Importancia de códigos intelixentes
f. Memos analíticos
g. Exercicio 4: Xeración de resultados cuantitativos e cualitativos