Alumnado obxectivo: Estudantes da EDIUS en Artes e Humanidades, Ciencias Sociais e Xurídicas.
Localización
Santiago
Modalidade
Telemática
Duración
Horas presenciais: 10
Total: 10
Matrícula na actividade
19/10/2022 - 26/10/2022
Desenvolvemento da actividade
31/05/2023 - 14/06/2023
Profesor/a
Isabel Espin Alba
Profesor/a
Manuel Vicente Bermudez Blanco
Profesor/a
Juan Luis Blanco Valdes
Grupo | Lugar | Datas | Horario |
---|---|---|---|
Redacción científica: aspectos estilísticos, editoriais e de dereitos de autor | Presencial: Sala de Debates, Edificio CEA, Parque de Vista Alegre; transmisión por Teams | 31 de maio (Teams), 1 de xuño e 14 de xuño de 2023 (Presencial e Teams) | 31 de maio de 16:00 a 18:00; 1 de xuño e 14 de xuño de 16:00 a 20:00 |
- Contribuír a reforzar ou mellorar as capacidades tendentes á aplicación de criterios sistemáticos de corrección lingüística, de coherencia conceptual, de cohesión léxica, técnica e de estilo na redacción e composición de textos académicos ou científicos (traballos fin de grao/máster, teses de doutoramento, artigos para publicacións periódicas, comunicacións a congresos, papers, monografías, etc.) fundamentalmente destinados á súa publicación.
- Contribuír a reforzar ou mellorar os coñecementos e capacidades con relación á propiedade intelectual na redacción académica: citas e recensións; uso de imaxes e material gráfico; copyright e copyleft; propiedade intelectual no acceso aberto; dereitos morais e dereitos patrimoniais; licenzas Creative Commons; titularidade da propiedade intelectual e da propiedade industrial, etc.
- Redacción de textos académicos: aspectos de propiedade intelectual.
Profesora: Isabel Espín Alba, 2 de novembro de 2022, 11:00h, ONLINE. - Introdución á propiedade intelectual.
- O dereito de autor.
- O autor.
- A obra como creación orixinal.
- Os dereitos morais.
- Os dereitos patrimoniais.
- Transmisión dos dereitos de explotación.
- Infracción dos dereitos de propiedade intelectual: o plaxio académico.
- Redacción de textos académicos: aspectos estilísticos.
Profesor: Manuel Bermúdez Blanco, 8 de novembro de 2022: Presencial, de 16:00 a 20:00h. - A corrección lingüística máis aló da corrección ortográfica.
- Regras útiles para unha redacción fluída.
- Recursos ao dispor.
- Redacción de textos académicos: aspectos editoriais.
Profesor: Juan L. Blanco Valdés, 9 de novembro de 2022: Presencial, de 16:00 a 20:00h. - Escritura científica, escritura técnica, escritura académica: a escritura planificada. Ortografía usual, ortotipografía e ortografía técnica.
- Elementos de ortotipografía e tipografía editorial.
- Ortografía técnica.
Isabel Espín Alba
Profesora Titular de Dereito Civil na USC e especialista en propiedade intelectual. É vocal de ASEDA e da súa extensa obra pódense destacar tres monografías sobre: Contrato de edición literaria, Obras orfas e a máis recente Arte efémera e Dereito de Autor. En máis de 50 capítulos de libros e artigos tratou cuestións varias como os diversos límites ao dereito de autor (parodia, cita, excepcións en favor de persoas con discapacidade, liberdade de panorama), danos, NFTs, etc. Así mesmo, é profesora de cursos de especialización e másteres sobre a materia en universidades españolas e estranxeiras de recoñecido prestixio.
Manuel Bermúdez Blanco
Responsable da Área de Asesoramento Lingüístico do Servizo de Normalización Lingüística. Autor. Profesor de diferentes cursos destinados ao PDI, PAS e alumnado da USC. Autor do Breve manual de estilo universitario, de Criterios de linguaxe non sexista. Creador de modelos de documentos e de modelos para presentacións dixitais.
https://www.usc.es/gl/servizos/snl/asesoramento/index.html
Juan L. Blanco Valdés
Licenciado en Filoloxía Hispánica e Filoloxía Galego-Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela. Entre 1985 y 2008 combinou a súa actividade como editor na Universidade de Santiago coa docencia no Departamento de Lingua Española do Centro Asociado da UNED de Pontevedra. Autor de artigos e colaboracións especializadas e docente en conferencias, cursos, seminarios e obradoiros sobre edición técnica, ortotipografía e escritura científica. Autor de Do orixinal ao libro. Manual de edición técnica (Xerais, 2009), con tradución ao castelán (Manual de edición técnica. Del original al libro, Pirámide, 2012). Foi co-organizador, secretario e profesor de ortotipografía e técnica editorial no Máster en Edición da Universidade de Santiago (2004-2009), e logo no Programa Oficial de Posgrao en Edición (Universidades de Santiago e Vigo, 2009-2011), de cuxa comisión académica formou parte. Director de Publicacións da USC desde 2009. Vogal da Xunta Directiva de UNE e director de Unelibros, agora reconvertida en Unelibros Blog, entre 2012 y 2022. Asiduo colaborador en medios de prensa, mantén desde hai anos a columna quincenal «Bágoas de crocodilo» no xornal de Santiago El Correo Gallego. Por un conxunto de artigos publicados nesta columna, recibiu en 2011 o XVI Premio Xornalístico Manuel Reimóndez Portela.