Alumnado obxectivo: Estudantes da EDIUS e Profesores e diretores de tese da EDIUS
Localización
Santiago
Modalidade
Presencial
Duración
Horas presenciais: 8
Total: 8
Matrícula na actividade
02/05/2023 - 12/05/2023
Desenvolvemento da actividade
16/05/2023 - 06/06/2023
Grupo | Lugar | Datas | Horario |
---|---|---|---|
Sprint de innovación Edius Conecta | Aula de formación da EDIUS, Edificio CEA, Parque de Vista Alegre | 16, 23 e 30 de maio, 6 de xuño de 2023 | 16, 23 e 30 de maio de 13:00 a 15:00; 6 de xuño: de 12:00 a 13:30 |
Un programa que une profesor@s e doutorand@s: 2 empresas, 2 retos e 4 días para facelo realidade. Úneste?
Este Sprint de Innovación, organizado pola EDIUS, pretende involucrar a profesores e doutorandos na resolución dun reto empresarial real, plantexado por empresas ou administracións do seu entorno, contribuindo así á impulsar a innovación, fomentar a transferencia de coñecemento e reforzar os vínculos da USC coa comunidade local.
O programa consta de catro xornadas de traballo intensivas durante as cales, partindo dos retos propostos por dúas empresas/entidades locais, doutorandos e profesores traballarán de forma conxunta para crear solucións innovadoras, seguindo un proceso de innovación estruturado dende a oportunidade ata a solución.
Xornada 1 (16 maio): COMPRENDER O CONTEXTO
Presentación dos retos por parte das empresas, análise do contexto e identificación de oportunidades
Xornada 2 (23 de maio): IDEAR
Proposta de ideas para aproveitar as oportunidades identificadas e deseño de solucións
Xornada 3 (30 de maio): CONSTRUIR PROTOTIPOS
Desenvolver un prototipo da idea ou ideas seleccionadas na fase anterior
Xornada 4 (6 de xuño): VALIDACIÓN e PRESENTACIÓN
Presentación final das solucións en formato pitch
Pincho Networking