O propósito deste curso é proporcionar as ferramentas estatísticas fundamentais para o estudo dos condicionantes que poden ter un efecto sobre certa variable de interese. A variable de interese será a variable resposta dun modelo de regresión, mentres que os efectos poden proceder doutras variables, factoriais ou continuas. O deseño e análise do experimento permitirá establecer da maneira máis eficiente os efectos que estas variables producen na variable resposta. Requisitos: Asistencia con portátil. Terán prioridade os alumnos do Campus Terra. Inscrición: https://forms.office.com/r/qdnZdxaf6a
Localización
Lugo
Modalidade
Presencial
Duración
Horas presenciais: 10
Total: 10
Desenvolvemento da actividade
12/07/2022 - 14/07/2022
Profesor/a
Maria Jose Ginzo Villamayor
Grupo | Lugar | Datas | Horario |
---|---|---|---|
Deseño e Análise de Experimentos | Edificio CACTUS-LUGO, Salón de Actos, Planta Baixa | 12, 13 e 14 de xullo de 2022 | martes 12 de 10:30 a 13:30h; mércores 13 e xoves 14 de 10:30 a 14:00h |
- Introdución. Análise exploratorio de datos e introdución a R. (2.5h)
- Regresión lineal simple e múltiple. Revisión xeral de deseño de experimentos. (2.5h) Suposicións do modelo lineal simple. Deseño fixo e deseño aleatorio. Axuste do modelo lineal simple. Inferencia sobre os coeficientes. Predición. Validación do modelo. Transformacións previas á regresión. O modelo lineal múltiple. O fenómeno de confusión entre variables explicativas. Contraste entre modelos: o test F. Selección de variables.
- Deseños cunha fonte de variación. (2.5h) Modelo de análise da varianza cun único factor de variación. Parametrización do modelo. Estimación dos parámetros. Test F de igualdade de medias. Comparacións múltiples. Contraste de homocedasticidad.
- Deseños con dous ou máis fontes de variación. (2.5h) Aleatorización. Modelo de efectos principais. Significado da interacción. Modelo factorial completo. Estimación dos parámetros do modelo. Contraste entre modelos.
- Análise da covarianza. Modelo cunha variable explicativa factorial e outra continua, sen interacción e con interacción. Contraste dos efectos principais e contraste da interacción.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Montgomery, D.C. (2006). Diseño y análisis de experimentos (Segunda edición). Wiley.
Peña, D. (2002). Regresión y diseño de experimentos. Alianza Editorial.
María José Ginzo Villamayor