Alumnado obxectivo: Estudantes da EDIUS. Este é un curso avanzado en análise empírica, que require ter certa familiaridade previa con R e gañas de dedicar horas a practicar.
Localización
ONLINE
Modalidade
Telemática
Duración
Horas presenciais: 4
Horas de traballo: 7
Total: 12
Matrícula na actividade
02/01/2023 - 10/01/2023
Desenvolvemento da actividade
16/01/2023 - 20/01/2023
Profesor/a externo/a
Fernando Bruna Quintas
Grupo | Lugar | Datas | Horario |
---|---|---|---|
Introdución á programación de análises empíricas con R | Actividade ONLINE, usando Microsoft TEAMS | 16, 18, 20 de xaneiro de 2023 | de 10:30 a 12:00h |
O curso repasa a lóxica de R e pon o foco na programación do manexo de datos: construílos, fusionalos, visualizalos, facer estimacións, utilizar os resultados das estimacións...
*É recomendable ter feito antes un curso básico de R.
*Data wrangling: manipulación de datos.
*Construción dun banco de datos en formato de panel (datos temporais sobre unidades territoriais).
*Regresión de corte transversal e gráficos.
*Estimación de modelos de panel con efectos fixos.
Fernando Pedro Bruna Quintas