
A Casa da Cultura de Outeiro de Rei acolle este sábado 16 de decembro, a partir das 10.00 horas, a segunda edición da xornada 'Castiñeiro para produción de castaña', un foro no marco do que se abordarán todas aquelas cuestión relacionadas co cultivo da castaña, desde planificación e toma de decisións antes de plantar ata a comercialización do froito. A organización deste programa divulgativo, que cita un amplo número de relatores, contará tamén coa presenza da investigadora Josefa Fernández López, Fina, así coma con produtores, comercializadores e transformadores de castaña.
O prazo de inscrición permanece aberto e as persoas interesadas poden apuntarse a través do enderezo de correo electrónico campolbasl [at] gmail.com (campolbasl[at]gmail[dot]com) ou ben a través do whatsApp 654 142 938.
Programa
9:45 - 10:00 Inauguración da Xornada
10:00-10:45 Estudio comparativo sobre o impacto dos danos causados por 'Gnomoniopsis smithogilvyi' sobre distintas variedades de castaña, a cargo de María Fraga Meizoso. Fauna Útil
10:45-11:30 Estratexias de manexo e mantemento nunha plantación de castiñeiros de froito. Relator: Miguel Ángel Vázquez de la Mata – Viveros Castanea Sativa
11:30-12:00 PAUSA-CAFÉ
12:00-14:00 Posibles tratamentos preventivos contra pragas producidas por fungos.
Interveñen: Campo Lab María Fraga Meizoso – Fauna Útil Miguel ángel Vázquez de la Mata – Viveiros Castanea Sativa, Fina Lombardero – USC
14:00-16:30 Pausa - Comida
16:30 - 20:30 Problemática do sector da castaña. Charla coloquio técnicos-produtores-comercializadores, moderada por Pablo Antonio Fraga Gontán. Campo Lab.