14.10.2025
O martes 14 de outubro de 2025 recibiremos no centro a visita do panel de avaliación nomeado pola Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia ACSUG para a renovación da acreditación institucional do centro.

A comisión de avaliación está formada por profesores doutras universidades españolas, un vogal profesional, un estudante e un técnico da ACSUG e reunirase en varias audiencias programadas durante todo o día con representantes institucionais, co equipo de Dirección da EPSE, coa Comisión de Calidade e cos coordinadores dos títulos dos que o centro é responsable. Tamén con mostras representativas do PDI e PTXAS, de estudantes, de egresados e de empregadores, para poder coñecer as súas impresións sobre a docencia e a formación ofrecida na EPS de Enxeñaría e na USC.
Ás 16:45 está prevista unha audiencia pública que está aberta a calquera persoa interesada que queira aportar a súa visión respecto ao centro ou aos títulos que se impartan e que non teña sido convocado a ningunha audiencia anterior