Ir o contido principal

Mércores 29 de outubro ás 11:00 na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría

Xornada: OFICIOS E PRODUCIÓN ALIMENTARIA NAS MANS DAS MULLERES

29.10.2025 | 11.00h-19.00h

Con motivo das celebracións do Día Internacional das Mulleres Rurais 2025 a Escola Politécnica Superior de Enxeñaría acollerá a unha xornada baixo o epígrafe: Oficios e produción alimentaria nas mans das mulleres. Memoria e iniciativas en época de crise.

Mércores 29 de outubro ás 11:00 na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Xornada: OFICIOS E PRODUCIÓN ALIMENTARIA NAS MANS DAS MULLERES

A xornada está organizada por un comité do que forman parte Dolores Vázquez Castro (profesora da EPSE), Guillermina Fernández Villar e David García Romero. A xornada inaugurarase ás 11:00 e desenvolverase co seguinte programa:

11:15-Realidades e retos das mulleres novas no sector agrario

  • Guillermina Fernández Villar (USC)
  • María do Mar Pérez Fra (GESUSA/ USC)
  • Dolores Vázquez Castro (GESUSA/ USC)

12:00- Microconversatorios: experiencias e saberes en colectivo 

  • facilita David García Romero (GESUSA/ USC)

13:00- A recuperación de oficios tradicionais en feminino

  • Asociación As Espigadoras-Lola Tourón e Lucía Medina
    Tasca do liño- Lourdes Otero Mato e Miriam Fernández Otero

16:00-Intercambio de sementes

  • facilita Dolores Vázquez Castro (GESUSA/ USC)

16:30-19:00 Obradoiros paralelos

  • Microorganismos no solo agrícola, Andrés Reboreda Rivera
  • Cestería de follato, Esther Rodríguez Pérez

RELATORIO ILUSTRADO DA XORNADA: Adela Vázquez Veiga

Os contidos desta páxina actualizáronse o 15.10.2025.