Ir o contido principal

Charla 'A regulación da intelixencia artificial máis alá da UE'

19.12.2024 | 12.30h

Salón de Actos

Alberto Bugarín Diz (gria.coordinacion@usc.gal)

Impartida por José Miguel Bello Villarino, investigador principal da Facultade de Dereito e do programa de Institucións do Centro de Excelencia ARC para a Toma de Decisións Automatizada e a Sociedade (ADM+S) da Universidade de Sydney

A charla será na ETSE
A charla será na ETSE

Dende a presentación en abril de 2021 da proposta de regulamento da Unión Europea para a regulación da intelixencia artificial, finalmente adoptado o pasado mes de xullo, a atención centrouse na regulación da IA dende unha perspectiva europea. Porén, os sistemas de IA, especialmente os máis avanzados, adoitan ser desenvolvidos e despregados fóra das fronteiras do noso continente. Que regulou entón a UE? Que aconteceu nestes tres anos noutros territorios e xurisdicións? Quen máis está a regular a intelixencia artificial e conforme a que principios? 

Para resolver esas dúbidas, o investigador principal da Facultade de Dereito e do programa de Institucións do Centro de Excelencia ARC para a Toma de Decisións Automatizada e a Sociedade (ADM+S) da Universidade de Sydney e membro do Corpo Diplomático de España en excedencia, José Miguel Bello Villarino, ofrece a charla 'A regulación da intelixencia artificial máis alá da UE', na que repasará de xeito comparado os desenvolvementos normativos, con especial atención a Estados Unidos e China, que afectan e afectarán no futuro o sector, a cidadanía e a IA.

A actividade está incluída na Aula Profesional da ETSE, previa inscrición en aula.profesional [at] usc.es (aula[dot]profesional[at]usc[dot]es)

Os contidos desta páxina actualizáronse o 10.12.2024.