Primeira edición galega do Concurso de Programación Ada Byron

O venres 22 de abril a Escola Técnica Superior de Enxeñaría da USC, en coordinación coa Facultade de Informática da UDC e a Escola Superior de Enxeñaría Informática da Universidade de Vigo, organiza a I edición galega do Concurso de Programación Ada Byron.
O AdaByron é un concurso universitario orientado a medir as habilidades e destrezas en programación de aplicacións en estudantado universitario.
As persoas participantes deberán estar organizadas en grupos de 3 integrantes e resolver ao longo da tarde do 22 de abril diversos problemas de programación. Nesta I edición galega, seleccionarase un equipo de cada centro organizador para participar na edición nacional, que terá lugar en xullo en Madrid.
As persoas interesadas poden consultar a información do rexional galego na páxina web do concurso.