12/12/2024 De 9.00 a 15.00 horas
Coordina: Eduardo Sánchez Vila

A Escola Técnica Superior de Enxeñaría desenvolve este xoves 12 de decembro, entre as 9.00 e as 15.00 horas, o XVII Foro de Empresas para Enxeñaría Informática na ETSE.
O evento contará con presentacións curtas das empresas no Salón de Actos, e ademais cada empresa estará presente nas mesas distribuídas polos espazos de traballo da Escola, para un contacto mais persoal e directo.
