Ir o contido principal

III Foro de Empresas EQ-ETSE

26.10.2023 | 09.00h-17.00h
Escola Técnica de Superior de Enxeñaría da USC.
Escola Técnica de Superior de Enxeñaría da USC. Foto: Santi Alvite

O vindeiro 26 de outubro vaise celebrar na Escola Técnica Superior de Enxeñaría (ETSE) da USC a 3ª Edición do Foro de Empresas EQ-ETSE, na que participarán empresas como Aluminios Cortizo, Segula Technologies, CuartaZona Ingeniería, Espina&Delfín, Viaqua, e outras moitas, e tamén entidades como BIOGA, CETIM, CETaqua ou o COETICOR.

O obxectivo do foro é poñer en contacto as empresas, potenciais empregadoras, co alumnado de grao ou máster en Enxeñaría Química da ETSE,  e outras titulacións relacionadas que se imparten no mesmo centro e tamén nas Facultades de Física, Química, Matemáticas e Ciencias Económicas.

O foro desenvolverase de 9 a 17 horas e combinará presentacións curtas por parte de representantes das empresas participantes e de espazos de interacción empresas-alumnado distribuídos polos espazos comúns do centro.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 17.10.2023.