Ir o contido principal

Charlas Universitarias Talentia Summit'21

Intelixencia Artificial: realidade, ficción e retos

23.11.2021 | 19.00h

Salón de Actos da ETSE

Impartida por Francisco Herrera. Catedrático do Departamento de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial da Universidad de Granada, e director do Instituto Andaluz de Investigación en Ciencia de Datos e Inteligencia Computacional.

Charla universitaria Talentia Summit impartida por Francisco Herrera
Charla universitaria Talentia Summit impartida por Francisco Herrera

O evento Talentia Summit, organizado polo Concello de Santiago, promove en 2021 faladoiros con referentes do ámbito profesional e académico para que compartan a súa experiencia e coñecementos co estudantado da USC. 

O martes 23 de novembro, ás 19.00 horas, o salón de actos da Escola Técnica Superior de Enxeñaría acollerá a conversa 'Intelixencia artificial: realidade, ficción e retos', impartida por Francisco Herrera. Catedrático do Departamento de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial da Universidad de Granada, e director do Instituto Andaluz de Investigación en Ciencia de Datos e Inteligencia Computacional.

A intelixencia artificial moderna está baseada na aprendizaxe a partir dos datos, datos que alimentan os sistemas intelixentes. Os últimos 25 anos mostran continuos avances de sistemas intelixentes que compiten e gañan aos humanos ao xadrez o ao Go, coches intelixentes autónomos, etc. Estes escenarios ofrécennos múltiples preguntas sobre a realidade e a ficción, a automatización intelixente, sesgos e discriminación a minorías, o debate sobre a privacidade e o uso dos nosos datos, os aspectos éticos no seu uso ou os desafíos ante unha intelixencia artificial forte que teña capacidade de automellora. Nesta conferencia coñeceremos a evolución da intelixencia artificial, os seus avances, a ficción versus a realidade, o debate ético, a súa aplicación en problemas do noso entorno, e os retos abertos.

A inscrición nesta actividade , especialmente dirixida ao estudantado da USC, está aberta até esgotar as 90 localidades dispoñibles. 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 16.11.2021.