Ir o contido principal

As vantaxes de estar cursando un título acreditado por IChemE

09.10.2025 | 12.00h-14.00h

Escola Técnica Superior en Enxeñaría
Aula A1 ETSE

Almudena Hospido Quintana
Héctor Rodríguez Martínez
Juan M. Garrido Fernández

Aaron Pennie - Regional Engagement Manager

 IChemE
IChemE

Como parte do compromiso continuo por parte da Institution of Chemical Engineers (IChemE: https://www.icheme.org/) de apoiar o estudantado de enxeñaría química en toda Europa presentaranse as vantaxes da afiliación gratuíta como estudante do IChemE, que inclúe acceso a unha ampla gama de recursos, oportunidades de desenvolvemento profesional e unha rede global de profesionais da EQ. A sesión abordará os seguintes elementos:

  • Como rexistrarse na afiliación gratuíta como estudante do IChemE
  • Visión xeral dos recursos e do apoio dispoñibles
  • Orientación sobre desenvolvemento de carreira e oportunidades de contacto profesional
  • Sesión de preguntas e respostas

Para o estudantado do GrEQ: Avaliarase a asistencia e o aproveitamento do/a estudante (40%) e a adquisición de coñecementos mediante un cuestionario de avaliación que se entregará ao inicio da xornada as persoas inscritas (60%) e que deberá ser remitido á almudena.hospido [at] usc.es (almudena[dot]hospido[at]usc[dot]es) no prazo de 24 horas dende o remate da mesma.

Procedemento de inscrición: correo a aula.profesional [at] usc.es (aula[dot]profesional[at]usc[dot]es) indicando no asunto AP02_23 CharlaIChemE antes do martes 07 de outubro ás 14 horas.

Ficha da actividade

Os contidos desta páxina actualizáronse o 30.09.2025.