A ETSE e o Departamento de Electrónica e Computación organizan a terceira edición do concurso de videos Informatízate
O concurso ten por obxecto promover a divulgación das TIC (Tecnoloxías da Información e Comunicación), ao mesmo tempo que contribuír ao cambio dos estereotipos sociais que asocian o traballo en TIC co xénero masculino, utilizando o galego como medio de transmisión do coñecemento, e estimulando a creatividade do estudantado cos medios audiovisuais.
O concurso anima a que alumnado de educación infantil/primaria, ESO, bacharelato ou FP produza breves vídeos orixinais onde visibilicen o traballo de mulleres que fixeron ou fan actividade no eido das TIC ou expliquen conceptos relevantes no eido da informática.
Data límite: 28 de Abril de 2023
Persoa de contacto para aclaracións: David E. Losada, subdirector da ETSE, email: etse.subdireccion [at] usc.es (etse[dot]subdireccion[at]usc[dot]es) , teléfono: 881816733
Xurado do concurso:
Purificación Cariñena Amigo, Profesora do Dep. Electrónica e Computación, Presidenta
Pedro Saco López, Profesor do Dep. Electrónica e Computación
Pablo Quesada Barriuso, Profesor do Dep. Electrónica e Computación
Lorena Casal Otero, profesora do Dep. de Pedagoxía e Didáctica
Manuel Carlos Núñez Singala, Director do Servizo de Normalización Lingüística da USC
Marta Pérez Pereiro, delegada do reitor para a Igualdade
Fallo do xurado (22/5/2023):
Premios para a modalidade de Estudantes de Secundaria, Bacharelato e
Formación Profesional (200 euros en material informático):
- "Entrevista a Marta Arca", IES Plurilingüe de Valga.
- "Radia Joy Perlman, A Nai do Internet", IES Martaguisela (O Barco de Valdeorras).
Accésits para a modalidade de Estudantes de Secundaria, Bacharelato e
Formación Profesional (150 euros en material informático):
- "Ola Mundo!", Colegio Vigo (Redondela)
- "Ada Lovelace : Unha Odisea Tecnolóxica", IES Terra de Xallas, Santa Comba.
Videos gañadores en 2023:
Videos gañadores de anteriores edicións:
2022:
2021:
1º premio. "A compiladora de código", IES Martaguisela, O Barco de Valdeorras.
Mencións especiais:
"Informática ten nome de muller", IES Pintor Colmeiro, Silleda.
"Imposible sen elas", IES Terra de Trasancos, Narón.
"Supercomputadores", IES Salvador de Madariaga, A Coruña.
"As mulleres no mundo das TIC", IES Salvador de Madariaga, A Coruña.
Algunhas fotiños dos/as premiados/as da I edición: